1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

8139189767 af3b920f83 zGaliza - CIG-Autonómica - Ante a recente crise de contaminación da auga de consumo humano en Ferrolterra, a CIG-Autonómica denuncia a falta de interese da Xunta en todo o que ten que ver coa sanidade ambiental, e manifesta o seu asombro de que non se teñan producido máis casos de alertas sanitarias.


Foto de Óscar F. Hevia (CC by-nc-nd/2.0/)

Segundo publica algún medio de comunicación a conselleira de Sanidade manifestou que “tomou as rendas”, porque o servizo galego de saúde “non podía permitir que pasasen días sen tomarse decisións”. Engade a Delegada Territorial da Coruña que abren un expediente informativo para “dirimir responsabilidades” e así “garantir que non volva a producirse un fallo na cadea de responsabilidade”.

A vixilancia sanitaria das augas de consumo humano e de baño son competencia da Consellería de Sanidade, polo que non é aceptábel que a conselleira tente responsabilizar a outras administracións do que son as súas obrigas, para o que ten á súa disposición o corpo de Farmaceúticos Inspectores, 71 funcionarios e funcionarias para atender á totalidade das praias do Pais, ríos, pozos, o programa de prevención e control sanitario da prevención da Lexionelose e demais funcións que entran dentro dos seus deberes cos cidadáns e cidadás.

Con este reducido número de 71 efectivos para a inmensidade das tarefas de vixilancia da sanidade ambiental encomendadas ao corpo de inspección farmacéutica, é imposíbel que a Consellería de Sanidade poida garantir un nivel sequera mínimo de calidade no control dos riscos ambientais, cun corpo de funcionarios e funcionarias que non daría nin para estabelecer gardas na maioría dos centros dende os que realizan as súas funcións se tivesen intencións de facelo. Especialmente sensíbeis á aparición de problemas sanitarios son os fins de semana, días nos que tampouco se realizan traballos de vixilancia, porque non se estabeleceron gardas, xa que terían que destinar maior dotación orzamentaria á Sección de Sanidade Ambiental.

Sanidade non ofrece un servizo abondo para cumprir as súas obrigas cos cidadáns que debe protexer. Pero tampouco ofrece unha compensación económica suficiente polo seu traballo ao seu corpo de inspectoras e inspectores que, dende a súa creación no ano 2006, está a padecer unha discriminación retributiva respecto doutros corpos de inspección da mesma administración, e inclusive da mesma consellería. En definitiva, Sanidade non valora suficientemente o traballo de vixilancia da saúde do seu Corpo de Farmaceúticos de Saúde Pública.

A CIG demanda a ampliación da partida orzamentaria destinada á Sección de Sanidade Ambiental, de xeito que mellore a vixilancia da saúde dos cidadáns, mediante a ampliación dos efectivos para que estes poidan levar á práctica o sistema de calidade e auditoría estipulado, así como ver cumpridas as súas demandas de equiparación salarial con outros corpos de inspección.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.