1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

207429095 cd3c7249d2 zGaliza - CIG-Autonómica - Os Axentes Medioambientais advirten como o Goberno da Xunta de Galicia mantén no tempo un dispositivo de extinción de incendios forestais diminuído de persoal e medios, cunha organización que, a maiores de ser pouco obxectiva, contén métodos autoritarios que en nada favorece que a engrenaxe dun operativo complexo, como é o do SPDCIF, poida funcionar cun mínimo de efectividade.


Foto de Elentir (CCby-sa/2.0/) - Incêndios no Morraço em 2006.

Así podemos ver como, tras innumerables denuncias dos traballadores, se mantén no seu posto ao Xefe do Distrito XVI (Deza – Tabeirós), a pesares de que, segundo CIG,CCOO, UGT, FSP e CSIF a descoordinación que está a xerar en materia de persoal o fai claramente incompetente para ese cargo.

Denuncian vehículos envellecidos e en mal estado –o caso das motobombas e dos todoterreo dos Axentes é escandaloso-, casetas de vixilancia pechadas, EPIs sen renovación ou de pésima calidade, equipos de comunicación obsoletos, prevención nula e un só helicóptero dispoñible para toda Galicia. Todo isto nunhas datas nas que o risco de incendios está a ser moi elevado, tal e como se comprobou no IRDI destes últimos días e nos numerosos lumes que se están a producir.

Ás portas dun verán no que posiblemente vai ser moi difícil a extinción de incendios forestais, xa que tivemos unha primavera que foi a cuarta máis cálida desde 1971, chovendo un 30 % menos do habitual e esperando, segundo a AEMET, un verán máis cálido do habitual.

Os Axentes Medioambientais advirten que estas condicións climatolóxicas foron as mesmas que se deron no fatídico verán do 2006.

Estes profesionais afirman que a Xunta de Galicia, non está preparada para afrontar unha vaga de incendios forestais como os que se viviron nese triste verán. No lugar de profesionalizar o dispositivo único e público, atópanse no monte con empresas privadas, brigadas municipais, empresas semipúblicas...etc, todos eles baixo a responsabilidade dos Axentes Medioambientais nos incendios. Todo este abano con diferentes medios fan pensar que a Xunta de Galicia está derivando a súas responsabilidades cara ás empresas privadas e descargando a extinción dos lumes na chamada de medios alleos á Administración galega, como é o caso da UME.

A pesar das queixas e peticións mantidas no tempo co rogo de que se corrixisen todas estas eivas, o departamento que depende de Tomás Fernández-Couto Juanas mantén as súas portas pechadas a cal e canto.

Tristemente non se esperan nin melloras, nin cambios de rumbo, nin preocupación polos lumes que xurdan, nin das situacións ás que se terán que enfrontar os traballadores, que con tanta dedicación e esforzo, arriscan en moitos casos as súas vidas. "Xa nos teñen acostumados a que nin sequera exista o recoñecemento público destas tarefas e a que ninguén asuma responsabilidades nin ao quedárense traballadores no camiño da defensa e protección do Medio Ambiente", terminan.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.