1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

17662675462 440020fc5e zGaliza - ADPDR - O pasado mes de marzo, 17 expertos de 11 países reuníronse na Axencia Internacional para a Investigación sobre Cancro (IARC; Lión, Francia) da Organización Mundial da Saúde, para declarar como probables carcinóxenos a unha serie de pesticidas organofosfatados, entre eles o herbicida habitualmente utilizado por ENCE, o glifosato.


Foto de Átomo Cartún (CC by-nc/2.0) - Glifosato

De acordo cos investigadores da OMS, o glifosato ten sido atopado en sangue e ouriños de traballadores agrícolas en áreas fumigadas, o que indica que é absorbido polas persoas, atopándose evidencias limitadas de carcinoxénese en agricultores. Os expertos resaltan a xenotoxicidade do produto, a súa capacidade para producir alteracións estruturais no material hereditario, o ADN, provocando cambios no mesmo, inducindo polo tanto mutacións. Unha vez producidas, as mutacións son permanentes e polo tanto herdables a outras células. A acumulación destas mutacións nas células de mamíferos teñen unha comprobada relación coa aparición de procesos neoplásicos. A xenotoxicidade do glifosato tense comprobado por medio de ensaios en mamíferos e en células humanas e animais “in vitro”.

ENCE vén utilizando dende hai xa moitos anos este herbicida, en cantidades masivas, para eliminar a vexetación que medra entre os eucaliptos provocando a total desaparición da mesma e, ao tempo, de multitude de organismos animais presentes no solo, convertendo as plantacións en auténticos desertos biolóxicos nos que so sobreviven os eucaliptos.

Agardábase que agora, trala consideración do glifosato como probable axente carcinóxeno pola OMS, a empresa, que posúe certificacións que teoricamente avalarían unha xestión sostible como a do FSC (Forest Stewardship Council), deixaría de utilizar este produto e garantir así a salubridade das condicións dos traballadores forestais e das persoas que viven no entorno das plantacións. Pero, como vén sendo habitual, ENCE deixa ver a absoluta falta de responsabilidade ambiental e social e segue –e seguirá- utilizando este agrotóxico nas súas plantacións sen importarlle os danos que poda provocar ao medio e ás persoas. Máis unha vez, quedan en entredito os sistemas de certificación forestal, nomeadamente o do FSC, para os que a xestión forestal sostible é compatible co uso de velenos que probablemente podan causar enfermidades graves a quen os usa ou a quen estea en contacto con eles.

Neste contexto, a Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) vén de solicitar ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente a prohibición explícita do uso do glifosato.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.