1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

Roiloa Quiaios PortugalGaliza - GCiencia - Sergio Roiloa estuda os clons da uña de gato, unha especie invasora que arrasa dunas e praias de Galicia.


Foto de GCiencia - Sergio Roiloa analizando uña de gato na costa de Portugal.

A uña de gato é unha especie invasora chegada de Sudáfrica que arrasa á vexetación autóctona en praias e dunas de Galicia. Chegou como especie ornamental para xardíns. E hoxe é unha grave ameaza. O biólogo Sergio Roiloa, da Universidade da Coruña, traballa no proxecto CLOiNvader, que trata de determinar o papel que está a xogar a reprodución clonal das plantas nos procesos de invasións biolóxicas. A reprodución clonal é, por exemplo, un esquexe. A nova planta resultante é xenéticamente idéntica á orixinal. E isto pode darlle vantaxes fronte a outras. O proxecto de Roiloa está financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade, e enmárcase na rede Alien Species Network (ASN) da Xunta de Galicia que coordina o grupo BioCost da Universidade da Coruña.

- Como chegan a Galicia especies invasoras como a uña de gato?

Carpobrotus edulis é nativa da rexión do Cabo, en Sudáfrica, e no caso de Galicia a súa introdución asóciase fundamentalmente a un uso ornamental da planta. É unha planta moi vistosa, que non require coidados, o que levou a que moitos particulares a utilizasen nos seus xardíns, dende onde "se escapou" para invadir novos ambientes. Tamén foi utilizada na estabilización de noiros, dende onde se expandiu a outros hábitats.

- Cualifica a súa presenza como 'alarmante' e considéraa unha planta 'agresiva', por que?

Carpobrotus invade hábitats de costa rochosa e dunas costeiras fundamentalmente. As dunas costeiras son hábitats especialmente fráxiles, que conteñen unha grande diversidade de especies, incluíndo endémicas e ameazadas. No caso de Galicia, as dunas costeiras representan un dos hábitats máis valiosos e que requiren un maior esforzo de conservación. A presenza de especies invasoras é especialmente preocupante nestes hábitats tan sensibles, xa que a súa rápida expansión leva a desprazar as plantas nativas, coa conseguinte perda de biodiversidade.

- Que vantaxe dá ás especies invasoras a reprodución clonal?

Iso é precisamente o que trata de descubrir o proxecto CLOiNvader. Sabemos que moitas das especies invasoras máis problemáticas teñen propagación clonal, e isto nos fai pensar que atributos asociados á clonalidade poderían explicar o éxito dalgunhas invasoras. Unha das características máis interesantes das plantas clonais é a súa capacidade de integración fisiolóxica. Esta integración fisiolóxica permite o transporte de recursos entres os individuos interconectados do sistema clonal, facendo que os clons traballen como un sistema cooperativo que lles permite amortecer posibles condicións de estrés, e polo tanto lles confire unha vantaxe competitiva fronte a outras especies ás que pode desprazar.

- Como avalían se a reprodución clonal lles confire unha vantaxe?

O proxecto trata de descubrir se esta capacidade de integración fisiolóxica se acentuou durante o proceso de invasión, e para iso compáranse poboacións de Carpobrotus da área nativa (O Cabo, Sudáfrica) con poboacións da área invadida (Galicia e Portugal). Por outra parte, o proxecto compara se o grao de integración clonal difire entre especies do xénero Carpobrotus, que son consideradas invasoras moi agresivas, e outros conxéneres, tamén exóticos, pero catalogados como menos agresivos ou non invasores. Recentemente publicamos un traballo no que se discute a implicación da integración clonal nas invasións biolóxicas. [O artigo pode consultarse neste enlace]

- Que medidas hai que tomar para erradicar ou previr estas invasións e desprazamento de especies autóctonas?

Na miña opinión, o mellor xeito de frear as invasións biolóxicas pasa necesariamente por concienciar á sociedade da problemática, do impacto negativo que para a conservación da biodiversidade supoñen as invasións biolóxicas, e dos custos económicos que poden supoñer.

- E a isto hai que engadir investigación, para coñecer que mecanismos utilizan estas plantas para impoñerse ás autóctonas...

Hai que desenvolver proxectos de investigación que permitan coñecer os mecanismos dos procesos de invasión. Isto é clave para previr futuros escenarios de invasión e o manexo de áreas xa afectadas. Durante os últimos anos as distintas administracións tomaron conciencia deste grave problema, e investíronse moitos recursos na prevención e erradicación de especies invasoras, pero a solución ao problema aínda está lonxe. Sen dúbida, requirirá a participación coordinada das administracións, os investigadores, as empresas implicadas e o público xeral. Neste sentido, creo que a rede Alien Species Network (ASN), recentemente creada pola Xunta de Galicia, é un bo exemplo diso. Todos debemos implicarnos na defensa do noso patrimonio natural. As invasións biolóxicas xa son unha grande ameaza.

- Hai algunha acción do cidadán en particular que sexa nociva? Axudamos, por exemplo con especies de xardinaría, a este proceso invasor?

Por suposto. En moitas ocasións, de xeito involuntario, podemos iniciar procesos de invasión. O descoñecemento da procedencia das especies e do seu potencial invasor resulta determinante á hora de previr novas invasións. Existen listados de especies invasoras, onde se indica o problemáticas que poden chegar a ser, as técnicas máis efectivas de erradicación ou como previr a súa expansión.

- Chega esta información ao cidadán?

En xeral, non. Esta información non chega ao cidadán que compra unha planta para o seu xardín ou un animal de compañía. Polo tanto, na miña opinión, a divulgación e concienciación seguen a ser unha das claves para a solución do problema.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.