1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

2293907257 a695358c50 zGaliza - Verdegaia - Co gallo do DIA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE, a SGHN, Verdegaia e AHE organizan, este Sábado 06 de Xuño, un roteiro polo espazo natural das Gándaras de Budiño.


Foto de Juan Antonio Patiño Méndez (CC by/2.0/) - Caminho nas Gándaras de Budinho.

O percorrido é circular, de dificultade baixa e realizarase coa axuda dun guía ambiental.

Sairase ás 10:00 h. do aparcadoiro dos observatorios das Gándaras de Budiño (O Porriño) onde tamén rematará a ruta en torno ás 14:00 h.

O itinerario será: lagoa e barreira de Orbenlle, turbeira do Cerquido, turbeira de Albelos, Ribadelouro, bosque de ribeira do Louro e lagoa de Orbenlle. 

Entre os valores naturais que alberga a Zona de Especial Conservación “ZEC Gándaras de Budiño”, destacan os hábitats prioritarios como as turbeiras, os bosques de ribeira e hábitats de interese comunitariao como as breixeiras húmidas, que albergan unha gran biodiversidade. Destacan as poboacións de varias especies moi ameazadas e cunha área de distribución moi restrinxida en Galicia como o sapoconcho común (Emys orbicularis), o charneco (Anas crecca) que atopa nas Ribeiras do Louro o seu único punto de cría regular na Península Ibérica, o caracol Elona quimperiana, a vacaloura Lucanuscervus e o capricornio Cerambyx cerdo.

Para chegar hai varias alternativas:

. en bus, coller o ATSA Vigo-A Guarda na estación de buses de Vigo ás 09.30 (saír na parada da saída 21 “Gándaras Sur” da autovía A-55 Vigo-Tui)

. en bus, coller o ATSA A Guarda-Vigo que pasa por Tui ás 09.40 (saír na parada da saída 21 “Gándaras Sur” da autovía A-55 Tui-Vigo) - Consultar horarios detallados en http://www.verdegaia.org/images/Vigo-AGarda-ATSA.pdf

. en coche, coller a saída 21 “Gándaras Sur” da autovía A-55 Vigo-Tui

*Trátase dunha actividade gratuíta e aberta a tódalas persoas interesadas. Cada participante é responsable único das súas accións e accidentes que puideran producirse. Os convocantes da actividade non se responsabilizan a nivel persoal nin colectivo dos accidentes que podan ocorrer.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.