1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

10410946 748177648632286 7744219370891851564 nGaliza - TFdPV - No pasado mes de febreiro, Touradas fóra de Pontevedra presentou perante os medios de comunicación o seu plan de intervención enmarcado nas eleccións municipais de 2015.


Este plan, formado por dous bloques principais - ircos con animais e touradas - busca maior sensibilización entre a poboación así como a creación de políticas favorables para a súa erradicación. Buscan tamén que os gobernos promovan uns valores de cultura, respecto e convivencia así como a defensa dos dereitos dos animais, esixido por numerosos organismos internacionais.

Durante os meses de marzo e abril mantiveron reunións -marcadas pola cordialidade e a boa disposición- coas formacións políticas que gozan de representación no concello máis tamén con outras que aspiran a elo. Presentamos este plan a PSdG-PSOE, Bloque Nacionalista Galego, Todos por Pontevedra, Marea Pontevedra, Partido Popular e Ciudadanos, non respondendo UPyD e Compromiso por Galicia.

No tocante ós circos con animais, Todos por Pontevedra, PSdG-PSOE, Bloque Nacionalista Galego, Marea Pontevedra e Ciudadanos comprometéronse a traballar pola súa erradicación na nosa cidade mentres que o Partido Popular non se posicionou por non telo estudado. A candidata de Compromiso por Galicia manifestou por un dos medios de contacto que puxeron a disposición da cidadanía (whatsapp) que apoiarán os circos con animais sempre que non sexan subvencionados con diñeiro público.

No apartado das touradas buscamos posicionar ás distintas formacións políticas en cuestións como as subvencións directas e indirectas, o convenio e a publicidade en espazos públicos xa que sabemos que a erradicación das touradas en Pontevedra non é competencia do concello.

Así, o Partido Popular manifestou o seu incondicional apoio á feira taurina por ser unha das principais fontes de ingresos da cidade polo que traballarán para potenciala.

O PSdG-PSOE non se posicionou contra as touradas máis si se comprometou a traballar para deixar de subvencionalas con cartos públicos.

Todos por Pontevedra e Ciudadanos optan tamén por permitir as touradas e respectar a liberdade persoal de cada un para asistir ou non.

En canto á Marea Pontevedra manifestou a súa oposición ás touradas. De gobernar non firmarán convenio coa praza de touros nin permitirán publicidade nas rúas sendo as touradas unha das liñas vermellas á hora de chegar a un acordo de goberno.

O Bloque Nacionalista Galego manifestou a súa oposición as touradas incidindo en que se son maioría na Deputación suprimirán a axuda económica directa como xa fixeron coa do Concello de Pontevedra en 1999. No tocante ao convenio-contrato que se asinou coa praza de touros para dispor de este espazo, manifestaron o seu compromiso para revisalo e buscar alternativas ás actividades alí desenvolvidas e así ir mermandoo ate que desapareza.

Por último, Compromiso por Galicia manifestou pola mesma vía (Whatsapp) que permitirán as touradas máis que non apoiarán subvencionalos con cartos públicos.

En base a estes encontros Touradas fóra de Pontevedra quere manifestar o seguinte:

  • Valoran positivamente estes encontros para expor as demandas de xeito claro e directo. Grazas o seu traballo e ao de diferentes movementos sociais e activistas animalistas lograron que as reivindicacións collan peso tanto na sociedade coma nos programas das formacións políticas

  • Solicitan a todas as candidaturas o seu compromiso coas súas reivindicacións na futura lexislatura para construír unha Pontevedra máis democrática e máis respectuosa cos animais. Agardan que os acordos non fiquen en papel mollado.

  • Manifestan o seu compromiso para traballar con calquera movemento, asociación ou partido que acepte as nosas reivindicacións. Seguirán loitando como veñen facendo os últimos 7 anos e convidan a toda a cidadanía a sumarse nesta causa boa e xenerosa.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.