1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

2010-11-17 IMG 2010-11-17 00 12 35 po1Galiza - APDR - Cando en outubro de 2013 Agustín Hernández, daquela Conselleiro de Medio Ambiente, anunciaba a sinatura dun acordo entre ELNOSA e a Xunta de Galicia polo que a electroquímica ELNOSA se comprometía a pechar a súa actividade no complexo industrial de Lourizán en outubro de 2017, data na que iniciaría o desmantelamento das súas instalacións fabrís, desde a APDR denunciamos que o tal acordo –lonxe de garantir o peche definitivo de ELNOSA na Ría- era unha prórroga encuberta do prazo fixado con anterioridade polo goberno galego á empresa contaminante.


 

Na práctica, con este acordo, ELNOSA conseguía asegurar a súa permanencia en Lourizán tres anos máis alá da data fixada previamente na súa Autorización Ambiental Integrada (AAI), que establecía o 7 de xaneiro de 2014 como a data do peche definitivo da cloreira. E denunciabamos tamén que o citado acordo, vendido polo Sr. Hernández como un enorme éxito da Xunta de Galicia na loita pola recuperación da Ría de Pontevedra, era papel mollado ao non establecer a obrigatoriedade do seu cumprimento por parte de ELNOSA.

De pouco serven as declaracións efectuadas en maio deste ano pola dirección da electroquímica, que aseguraba estar disposta a cumprir o acordo e a buscar propostas de emprazamento para unha nova instalación con nova tecnoloxía no “área de influencia de Pontevedra”. De feito, e tal e como recollían os medios de comunicación a semana pasada, ELNOSA –que ten de prazo ata o mes de agosto deste ano para facelo- aínda non ten comunicado nada neste sentido á Xunta de Galicia.

E, así as cousas, na APDR preguntámonos que vai facer o goberno galego no caso de que ELNOSA incumpra estes prazos? Vai seguir pechando os ollos á realidade e deixando que unha fábrica perigosa polo almacenamento de cloro nun emprazamento moi próximo a importantes núcleos de poboación, contaminante polos vertidos de mercurio á Ría e á atmosfera, e daniña para a saúde da cidadanía da súa contorna, siga ocupando ilegalmente un espazo da Ría chamado a ser recuperado para o lecer e a creación de postos de traballo no marisqueo e na pesca de baixura ou, pola contra, vai decretar o seu peche definitivo en base ao incumprimento do citado acordo? Moito nos tememos que a Xunta de Galicia adopte unha posición semellante ás que ven adoptando neste tema desde sempre; con seguridade, buscará o xeito de argumentar que lle permita disfrazar de legalidade o que non é mais que deixación de funcións e conivencia coas empresas contaminantes de Lourizán, un xeito de actuar que non só resposta á defensa dos intereses económicos dos directivos das empresas contaminantes de Lourizán, senón tamén aos intereses económicos –e mesmo persoais- do goberno galego.

Desde a APDR imos seguir con atención o discorrer deste tema e seguiremos esixindo o fin inmediato e definitivo da actividade industrial de ENCE e ELNOSA na nosa Ría e a recuperación da calidade das súas augas para a pesca e o marisqueo e para o lecer e aproveitamento do conxunto da cidadanía.

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.