1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

7155308801 fb952f8dda zGaliza - Clube da Língua - EASD Mestre Mateo. Virxe da Cerca, 32. Santiago de Compostela, 15 febreiro de 2016. 11:00h.


O vindeiro luns 15 de febrero o Clube da Lingua presenta na Escola de Artes Mestre Mateo un novo proxecto de colaboración co IES Marco do Camballón de Vila de Cruces que asocia o mundo da moda e as últimas tendencias á promoción da lingua gallega. 

O Proxecto chámase "Modernízate: pon boina" e quere actualizar os valores da nosa lingua: unha lingua para a xente nova, moderna, rural e urbana, impulsada por valores como a igualdade de xénero ou a xustiza social.

Este luns, no corredor do primeiro andar da Mestre Mateo o alumnado dos CS de Fotografía e Xoiaría do Mestre Mateo e do IES de Vila de Cruces, farán a presentación do proxecto cunha pasarela informal para promocionar o uso da boina e a lingua entre a xente nova. Nesta pasarela poderemos coñecer os primeiros resultados desta colaboración: os complementos deseñados e realizados polo alumnado de Xoiaría para engalanar as boinas.

Tamén participará no evento a artesá compostelá Sandra Vilas, fabricante da primeira boina galega do século XXI. 

O proxecto que impulsan Galteo, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega da Mestre Mateo e o Clube da Lingua de Vila de Cruces, continuará da man do alumnado de Fotografía, coa realización dunha serie de retratos en estudio de personaxes da escena cultural e social galega, ataviados con boinas personalizadas cos complementos deseñados e realizados polo alumnado de Xoiaría. Estes retratos empregaranse para ilustrar supostas portadas de revistas de tendenzas, moda, literatura, música… 

O luns comezarán ás 10:00 as sesións no estudio de Fotografía da Mestre Mateo coa artesán Sandra Vilas.

A boina é un símbolo con moitos significados. Durante moitos anos cubriu a cabeza de miles de galegos, e últimamente tamén de galegas, mais esta prenda foi utilizada maioritariamente no ámbito rural. É na actualidade onde comeza a verse en cabezas pioneiras das últimas tendencias, está chamada a renovarse, actualizarse, e converterse nunha peza importante na moda galega, e nun accesorio habitual de quen quera facer uso dela con orgullo e elegancia.

No proxecto está implicado o profesorado dos departamentos de Xoiaría e Fotografía da Escola de Arte Mestre Mateo e profesorado do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces.

Máis alá da boina, o obxectivo final é promover o uso da lingua galega nas redes sociais e no ámbito das últimas tendencias, asociando o noso idioma coa vangarda e o mundo da moda e da fotografía, así que... MODERNÍZATE: PON BOINA!


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.