1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

120915 seGaliza - Galiza Confidencial - [MV] Nuns días comeza o primeiro curso na Semente de Trasancos, un proxecto sen ánimo de lucro que nace co apoio do Concello de Narón e o asesoramento das 'sementes' irmáns en Vigo e Santiago.


Nesta entrevista cos seus promotores abórdanse, entre outros puntos, os trámites necesarios para lanzar estes proxectos para nenos, o modelo educativo e linguístico proposto e a campaña de financiamento en marcha a través de pequenas aportacións miúdas a través da Internet.

A de Trasancos é a terceira escola semente que se monta no país, despois da de Santiago e de Vigo. A que se debe este rexurdir de escolas infantís que fan do ensino en galego un dos eixos fundamentais?
O primeiro que teño que dicir que nós non somos escolas infantís, somos uns espazos onde as persoas convivimos en galego e nunha franxa de idade que nos permite ter ás crianzas en espazos educativos, centros de ocio. Así, nós facemos actividades diarias ás veces de maneira espontánea, outras cun traballo detrás e sempre na lingua propia. Traballamos desde os dous anos porque é cando se comeza a falar e é até os seis porque logo xa comeza o ensino obrigatorio. É verdade que nos chamamos "Escolas de Ensino Galego" que é un nome collido das escolas que desde as Irmandades da Fala querían implantar, máis é iso: un nome e do cal, por certo, sentímonos moi orgullosas.
 
Que vos animou a botar en marcha o proxecto?
Pois no caso de Semente Trasancos un grupo de familias víamos a imposibilidade de ver medrar aos nosos fillos e fillas en galego. Xuntámonos, buscamos e atopamos o proxecto de Semente Compostela, que nacera a través de xente que particiapara en moitos movementos sociais e apoiado pola Gentalha do Pichel. Iso axudounos a seguir a traballar porque xa tiñamos bos consellos, apoio e o máis importante: era factible conseguilo.
 
Hai 2 anos informábase dos primeiros contactos entre os pais para lanzar a Semente de Trasancos. Agora indicades que están rematadas as obras e que en outubro está previsto que comece o primeiro curso. Por que foi necesario investir tanto tempo?
Nestes dous anos e medio quixemos dar a coñecer o proxecto na comarca e facer actividades culturais, roteiros, presentacións… Isto fixo que moita xente se asociara e quixera botar unha man para chegar ao noso obxectivo: ter un espazo con horta onde poder facer actividades diarias.
 
No camiño percorrido até hoxe, cales son as dificultades de tipo administrativo-burocrático máis difíciles coas que vos atopástedes? Vedes algún cambio a nivel normativo no voso sector?
Traballar con meniñas e meniños sempre ten que ser nas mellores condicións, polo que toda normativa que implique seguridade é positiva. A burocracia é algo que hai que facer por iso, no noso caso, non abrimos as inscricións até agosto, por que estabamos pendentes dos permisos, cesións que ao final foron renovadas e conqueridas
 
Montrar un centro de ensino para cativos ten moito de experiencia educativa, pero tamén un pouco empresarial, no referido a posta en marcha dun plan económico, obtención de permisos, buscar profeosres inspeccións...  Como foi a vosa experiencia a este respeto e que cambios legais cres que seŕian necesarios para facilitar a aparición de outros centros similares noutras cidades? 
Pois se queren información de como pór andar o seu proxectodesde ás Sementes podemos axudar; é máis poden ser outra Semente e formar parte da nosa rede. Nós tivémolo máis doado grazas á semente Compostela e Semente Vigo que xa tiñan uns protocolos establecidos e sabían como actuar ante os trámites. Claro que hai que ter ben as contas! mais o primeiro de todo e saber como organizarse. Semente Trasancos é unha Asociación Cultural sen ánimo de lucro é como tal todos os beneficios que obteñamos invertímolos no proxecto e no entorno. Ademais somos unha Asociación coa sede en Narón e como tal, solicitámoslle ao concello un local e eles ofreceron un, que despois dos permisos pertinentes, estamos a rematar o acondicionamento. O espazo consta de dúas habitacións amplas, unha cociña, baños adaptado é unha gran zona verde onde brincar.  Estamos moi agradecidas da implicación.
 
 Que lle diriades a uns pais que están considerando en levar aos cativos á Semente de Trasancos pero que poden dubidar por ser un modelo marcadamente diferente do común neste tipo de centros?
Pois que en Semente ás crianzas medran nun entorno amábel. Os nosos principios son coeducación, laicidade, asemblearismo e sobre todo de respeto mutuo entre as persoas adultas e as crianzas. O respeto pola integridade e o ritmos de cada cativo é fundamental e as persoas adultas que os acompañan cren no proxecto e traballan porque saia adiante, iso é fundamental para nós.  Co pensamento creativo as nenas e nenos observan as situacións e os problemas desde todos os ángulos posíbeis e dan resposta para solventar diferentes cuestións e sobre todo, é un espazo de inmersión lingüística en galego, algo que a día de hoxe non é posíbel se non  é nas Sementes, ogallá mude, pero hoxe é así. Para nós a língua é fundamental.
 
Na actualidade teñen en marcha unha campaña para recaudar 10.000 euros para sufragar o nacemento da Semente de Trasancos? Como vai a campaña? Como animaríades a xente a donar?
Comezamos a campaña para crear un fondo ou "caixa de resistencia" para pagar imprevistos que poidan xurdir ao longo do ano.  Atopámonos moi boa resposta con xente que aporta 10, 20 euros e incluso algunhas moi xenerosas. Hai xente que ao mellor non aporta cartos mais si espalla a campaña, ou bota unha man nas obras, ou móstranos o seu apoio, tamén medios coma o voso que nos ofrecen este espazo. Estamos moi agradecidas de todas as colaboracións e, desde logo, axúdanos a coller folgos para seguir a transformar a realidade.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.