1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

5354530304 c430423a42 oGaliza - AV Limodre - Dende a Sociedade de Instrucción Hijos de Limodre, a ANPA da EEI Campanario de Limodre
e a AVV de Limodre expresan o seu malestar polos acontecementos que se
sucederon ao longo do mes de Xullo en relación coa escola de educación infantil de Limodre.


Foto de Saint John's School (CC by-nd/2.0/)

Do mesmo xeito dan a coñecer á sociedade en xeral ditos acontecementos:

Na primeira quincena do mes de Xuño, a inspectora de educación correspondente á escola púxose en contacto coa mestra para que lle comunicase aos pais de dous alunos que tiñan que facer o traslado de matrícula a outro centro posto que nese eses dous alunos pasaban a cursar primeiro de primaria e neste centro non estaba permitido. Os pais respostan que non é así xa que teñen un escrito da Consellaría de Educación asinado polo delegado provincial con data 10 de abril de 2000 no que se autoriza a este centro a impartir o ciclo de primaria.

A resposta da inspectora é que de tódolos xeitos vai cerrar o centro escolar e que os pais teñen que cumplimentar os impresos de cambio de centro fora de prazo. Ante isto, as tres asociacións fan un escrito dirixido á Consellaría de Educación que o día 15 do mes de Xuño presentan no rexistro da Xunta solicitando que se aclare a situación da escola, posto que hai cinco nenos que teñen feita a reserva de praza e son suficientes para manter o centro aberto.

A día de hoxe non tiveron resposta algunha.

Unha vez aberto o prazo de matrícula, o día 20 de Xuño, a mestra lles comunica aos pais que non vai facer efectivas as matrículas dos cinco nenos porque ten orde expresa da inspectora de non facer ditas matrículas, e que os pais teñen que facer o cambio de matrícula fora de prazo noutro centro. Ante isto, os pais, contestan que non van facer dito cambio de matrícula pos non hai ningunha resolución por escrito nin da orde da inspectora nin do peche da escola e que está o prazo de matrícula aberto no centro escolar de Limodre, xa que consideran que non está pechado.

A resposta da inspectora, todo através da intermediación da mestra, é que os escolares deste centro teñan que facer o cambio de matrícula a outro centro e senon o fan van ter un problema en setembro xa que os nenos teñen que estar escolarizados.

Tras isto, os pais tentanse por en contacto coa dita inspectora para aclarar a situación, cousa que é imposible pois non se atopa no seu lugar de traballo, e deciden presentar por rexistro un escrito no que se soliciten explicacións por escrito da situación. Ao mesmo tempo, a mestra tenta porse en contacto coa inspectora mediante correo electrónico para comunicarlle que vai facer efectivas as matrículas dos nenos. Ao non ter contestación algunha da inspectora, o sábado 27 a mestra lles comunica aos pais que o venres 26 fixo efectivas as matrículas dos cinco nenos sen
problema.

A gran sorpresa dos pais chega o luns, cando a última hora da mañá a mestra ponse en contacto con eles para comunicarlles que se veu obrigada pola inspectora a desfacer a formalización das matrículas e a darlles aos pais un escrito no que se lles comunicaba que a escola estaba pechada e tiñan que facer un cambio de matrícula fora de prazo, escrito que lles é facilitado aos pais ese luns 29 á tarde, sen tempo para facer trámite algún e sen unha explicación real do porqué do peche.

Así mesmo, as persoas afectadas poñen en coñecemento da nosa sociedade que ao longo deste tempo, as tres sociedades, se puxeron en contacto tanto cos políticos municipais como dos medios escritos e orais da comarca para transmitir a situación esperpéntica que estaban a vivir.

Entenden que estas cousas non se fan deste xeito, xa que habería que cumprlir con un procedemento que é: apertura dun período de preinscripción de nenos na escola, prazo oficial de matrícula e finalmente, e en función da matrícula definitiva, informe da inspectora á delegación de educación. Se no houbera matrícula abondo a xunta procedería a publicar o peche da escola no DOG e se abriría un prazo para que os pais fixeran a matrícula dos nenos noutro cento que eles escollesen.

Dende estas asociacións cren que se obviou deliberadamente e ditos procedementos habituales e que mediante métodos máis propios dunha asociación mafiosa que dunha entidade pública ao servizo do cidadán como son o intento de engano e as ameazas e finalmente imposición dunha inspectora que en ningún momento presenta un documento legal como é unha resolución administrativa que certifique o peche da escola, evitou que nesta escola houbera unha matrícula mínima de cinco nenos que aseguraría o mantemento da dista escola outro ano máis.

Queren dar a coñecer á sociedade que, a pesar dos esforzos dos pais e das sociedades implicadas, a día de hoxe non temos resposta algunha por parte da administración explicándonos a situación e rexeitamos dito comportamento, tanto por parte da inspectora, ameazando e mentindo, como da delegación de educación, escondéndose ante esta grave situación.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.