O vindeiro 25 de abril, coincidindo co aniversario da Revolución dos Cravos, celebraremos a IV Asemblea Nacional da Liga Estudantil Galega na Residencia de Estudantes da cidade de Pontevedra. Baixo o lema O ensino, a nosa mellor arma, marcaremos un rumbo para o próximo ano de traballo para revitalizarnos e afianzar as nosas bases.
É momento de debate, reflexión e autocrítica para avanzar cara un horizonte estratéxico que permita que este proxecto siga sendo ferramenta útil do estudantado galego. O contexto actual é moi diferente ao da nosa Asemblea Constituínte, pero o modelo de ensino que queremos segue sendo o mesmo, un ensino público, galego, de calidade e antipatriarcal.
O ensino é o motor do cambio, o ensino é a nosa mellor arma.