Foto de José Luis Cernadas Iglesias (CC by/2.0) - Castro de Santa Trega, no Baixo Minho.
Neste informe, aprobado pola asemblea de estudantes, denúnciase o abandono deste tipo de estudos polas administración españolas e ínstase ós comisarios de educación e mobilidade a denunciar ó Estado español por non ter dado solución a esta situación. Este abandono tradúcese nunha situación de agravio comparativo destes estudantes con respecto a outros estudantes do estado español e con respecto a outros estudantes da Unión Europea.
O acto consistiu na entrega do texto para a Comisión Europea, que se puxo tamén a disposición dos medios informativos, e nunha presentación resumida das súas reclamacións por parte do alumnado.