1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (2 Votos)

5502447912 c872d89d25 zGaliza - STEG - STEG considera que a resolución xudicial do Xulgado Contencioso Administrativo nº 1 de Vigo –sentenza que non é firme- en relación á demanda de tres traballadoras e traballadores da Universidade de Vigo contra esta institución por permitir durante anos os comentarios sexistas, vexatorios e discriminatorios contra as mulleres por parte dun funcionario administrativo nas listas da comunidade universitaria, acomódase ós intereses e ás necesidades da Universidade de Vigo.


Foto de Brocco (CC by-sa/2.0/) - A violência machista pode chegar muito além dos ataques verbais, mesmo ao assassinato.

Esta institución universitaria tense negado, diante das reiteradas denuncias internas realizadas, a investigar e, de ser o caso, a abrir un expediente disciplinario a un funcionario que envía mensaxes que a mesma Comisión de Igualdade da Universidade de Vigo recoñece que son un atentado á dignidade das mulleres e un ataque contra as traballadoras e as estudantes da institución.

Como manifestaron no seu momento a Valedora do Pobo, o Consello Municipal da Muller de Vigo e diversas organizacións sindicais e políticas (STEG, CIG, Anova), as mensaxes deste funcionario son unha manifestación intolerábel de discriminación sexual e infrinxen o I Plan de Igualdade da Universidade de Vigo ou a Lei Orgánica de Igualdade 3/2007, entre outras moitas normativas.

A sentenza afirma que as/os tres demandantes non están lexitimadas/os para anular unha decisión da administración pública, malia que esta non investigase se tales mensaxes presentaban as mulleres como seres inferiores e cousificados. STEG considera que esta decisión é sumamente grave nunha institución de ensino superior.

Só a Universidade de Vigo e este xuíz (maxistrado do Xulgado Contencioso Administrativo nº 1 de Vigo e colaborador do Departamento de Dereito Privado da Universidade de Vigo) cren que as traballadoras e os traballadores non están lexitimadas/os para denunciar comportamentos que STEG considera inaceptábeis e que agravan as desigualdades existentes entre hombres e mulleres.

Esta resolución xudicial non firme revela as dificultades que teñen as traballadoras e os traballadores para conseguir que a administración pública asuma os valores de igualdade como un eixe que abranga tamén as/os que detentan o poder ou as/os que se favorecen interesadamente del.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.