1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

5734739073 500cba6623 zGaliza - STEG - Rexeita a actitude do Xefe de Sección do Servizo de contratación. Solidarízase coas persoas que levan a Universidade de Vigo ante os tribunais.


Foto de Blanca Cardoso (CC by-nc-nd/2.0/) - Homofobia nom.

O STEG solidarízase coas súas afiliadas da Universidade de Vigo e coas persoas que se viron forzadas a levar esta institución aos tribunais ante a súa permisividade no uso dunha conta de correo institucional para enviar contidos do tipo anteriormente indicado.

"O señor SERGIO PAJARES DOMÍNGUEZ (Xefe de Sección do Servizo de contratación) hai moitos anos que fai comunicacións onde se incita ao uso da violencia e á discriminación cultural, política ou sexual, con contidos atentatorios contra a intimidade e a honra ou sexualmente explícitos, o cal ―á marxe do dubidoso gosto―supón un claro caso de acoso moral e de vulneración do dereito de igualdade", di a STEG.

Segundo STEG, este xefe de sección fixo moitas das súas comunicacións electrónicas desde a propia conta institucional , mesmo en horario laboral e a listas de correo da comunidade universitaria. A pesar das innúmeras denuncias e queixas presentadas por colectivos ou por persoas individuais perante os responsábeis da Universidade (Reitor, Xerencia e Unidade de Igualdade), a institución fecha fileiras e teima en protexer o señor Sergio Pajares argüíndo que “o contido das mensaxes podería estar amparado polo que permite a liberdade de expresión”.

Ante tal situación a STEG non pode "senón manifestar o noso estupor e asombro", apoiando sen reservas esta acción nos tribunais na confianza de que a xustiza prevaleza e que feitos de tamaña gravidade sexan debidamente corrixidos e punidos.

O martes 29 de setembro o STEG estará presente ás 10 horas 25 na vista que terá lugar no Tribunal Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo. Animan tamém a que "vos xuntedes a nós como acto de solidariedade e de apoio para coas vítimas deste acoso".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.