1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

Foto de Imagen en Acción (CC by-nc-nd/2.0/)

O crime de Vigo aconteceu poucas horas após umha multitudinária manifestaçom contra a violência machista em Madrid em que as organizaçons femistas da Galiza também participavam. Acaso ou nom, as horas que decorrêrom desde a dita manifestaçom fôrom mortais para as mulheres de vários países da regiom, com vítimas nos Países Catalans, Astúrias e Andaluzia.

A Plataforma Feminista Galega (PFG) posiciona-se sobre a intensificaçom da vaga machista. A seguir, reproduzimos - na sua ortografia original - o comunicado das feministas:

Comunicado da Plataforma Feminista Galega diante dos últimos assassinatos machistas

Apenas dous días despois de que no 7 de novembro case medio millón de persoas de todos os territorios do estado nos manifestaramos contra as violencias machistas, atopámonos con 6 mulleres asasinadas polo terrorismo machista.

Unhas horas despois do #7NFeminista unha muller de 28 anos foi asasinada en Baena (Córdoba) e en Llíria (Valencia) un agresor con orde de afastamento disparou de socato á súa exparella, que paseaba cun fillo de catro anos e a súa exsogra. Onte, outra muller foi asasinada a golpes en Xixón pola súa parella. Estas cinco novas vítimas mortais evidencian a necesidade de redobrar os esforzos de toda a sociedade e dos poderes públicos para atallar esta sangría.

Na noite do domingo enterabámonos do asasinato en Vigo de Inma Cendón, un feminicidio familiar provocado pola violencia institucional dos gobernos do PP que cos seus recortes en servizos sociais tamén nos mata. Unha violencia institucional que perpetúa o noso rol de coidadoras negándose a crear os servizos públicos imprescindíbeis para atender ao coidado das persoas.

Cada ano incrementase o número de mulleres que sufrimos a violencia heteropatriarcal nas súas expresións máis extremas, o maltrato, a violación, o asasinato. Cada vez é máis necesario o compromiso de toda a sociedade coa loita feminista e a garantía por parte dos poderes públicos dunha vida libre de todas as violencias machistas.

O Ministro de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade negou, desde un acto do seu partido, que haxa recortes na loita contra a discriminación e a violencia de xénero. Nós replicámoslle, que en 2015 a Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero e o Instituto da Muller teñen respectivamente un 16 e 45% menos de orzamento ca en 2009. Que os datos que achega o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas a través da publicación anual dos Orzamentos Xerais do Estado, sinalan un recorte sistemático nas partidas orzamentarias dirixidas á loita contra a violencia de xénero do 22% entre os anos 2011 e 2015.

No caso galego a Secretaria Xeral da Igualdade, Susana López Abella, tamén nega os recortes en políticas de igualdade esquecendo que a Xunta de Galicia está acernando os recursos dedicados á igualdade, retirando, por exemplo, as partidas destinadas ás campañas de sensibilización e limitando as destinadas á atención de vítimas de violencia machista.

No 7 de novembro os feminismos do estado convertemos a pluralidade en unión, asumimos a forza da diversidade e nos xuntamos máis de 300.000 persoas para protestar polas violencias machistas (así, no plural) e para exixir que as mesmas sexan consideradas Cuestión de Estado. Organizacións feministas de todos os territorios do Estado conseguimos que a cita se convertese nun momento histórico de reivindicación do movemento feminista. A maioría da sociedade civil prestou o seu apoio ás reivindicacións e á mobilización convocada polo feminismo e damos as grazas por isto.

Pero o 7N non será unha cita máis para as nosas reivindicacións, foi só o primeiro paso dunha campaña de accións consensuadas e coordenadas encamiñadas á erradicación de todas as formas de violencia cara ás mulleres e as nenas así como a promoción de políticas de Igualdade reais entre homes e mulleres.

Nós non estamos en precampaña electoral, nós non iamos para ter unha foto. Os feminismos hai anos que temos incluido nas nosas axendas a exixencia de que a loita contra o feminicídio sexa inserida nas axendas dos partidos.

Levamos anos exixindo que deixen de utilizar as nosas reivindicacións para tratar de tirar rendemento político e se impliquen. As vulneracións de dereitos específicos que nos ocorren polo feito de sermos mulleres precisan de compromisos moi concretos. Un deles é o dereito a vivirmos unha vida libre de violencias machistas, unha emerxencia social que fai que o número de asasinatos aumente con cada recorte do goberno de turno.

Agora toca seguir loitando para que se retraten con programas reais, con accións non promesas.

Denunciamos a violación sistemática do noso dereito fundamental á vida e á dignidade humana recollidas na declaración dos dereitos humanos e por se non se teñen enterado aínda lembrámoslles cales eran as nosas exixencias:

    • Que a loita contra o terrorismo machista sexa unha cuestión de estado.

    • Que se desenvolver e implemente o Convenio de Istambul e o cumprimento das recomendacións da CEDAW, e se reforme a lei 1/2004 para que estean reflectidas todas as formas de violencia contra as mulleres.

    • Que toda a sociedade e as súas organizacións e institucións se comprometan nesta loita.

    • Que a loita e os recursos inclúan tanto a violencia que exerce a parella ou ex parella como as agresións sexuais, o acoso sexual no ámbito laboral, a trata con fins de explotación sexual/laboral de mulleres e nenas e todas as violencias machistas.

    • Que todas as instancias de goberno comprométanse realmente na prevención e erradicación das violencias machistas, así como na asistencia e reparación de todas as mulleres en situación de violencia, independentemente da situación administrativa en que se atopen as mulleres.

    • Que o acento se poña na protección das afectadas, facilitando diferentes saídas que impliquen unha verdadeira recuperación vital, económica e social delas así como dos seus fillos e fillas.

    • Que a prevención sexa unha política prioritaria, que inclúa un sistema coeducativo en todos os ciclos, a formación específica para todo o persoal profesional que intervén nos procesos, os medios de comunicación, a produción cultural e a sociedade civil na loita contra as violencias machistas.

    • Que os medios de comunicación comprométanse a facer tratamento adecuado das diferentes de violencias machistas, visibilizándolas, evitando o sensacionalismo morboso no seu tratamento e utilizando unha linguaxe e unhas imaxes non sexistas.

    • A eliminación da custodia compartida imposta e o réxime de visitas aos menores dos maltratadores condenados. A retirada e non cesión da patria potestade aos maltratadores.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.