O sábado 22 de maio sairemos de Compostela (9:00 h.), facendo parada en Ourense (sobre as 11:00 h.), cara á localidade de Porto da Seabra, onde comezará o roteiro pola Serra da Segundeira.
Lindando co parque natural do Lago da Seabra, esta zona veciña da comarca de Viana, é un refuxio da fauna e da flora, pouco explorado polo turismo, onde as paisaxes naturais, con grandes marcas dos ríos que as conforman (ríos Barxacova, Bibei e Tuela) están mesturadas coa pegada humana do pastoreo de gando vacún, fundamental na zona ata hai pouco tempo.
O roteiro é duns 12 Km., cunha dificuldade media - alta (a subida dende Porto ten un desnivel importante)
O domingo 23 de maio, despois de pasar a noite no Hotel Porta Galega da Vilavella (concello da Mesquita), desprazarémonos cara ó sur. Esta vez partiremos da localidade portuguesa da Moimenta e iremos a carón do río Túa, polos camiños do contrabando, ata chegar á zona fluvial de San Cibrao de Hermisende onde comeremos.
Esta ruta, duns 7 Km., transcorre paralela á bacía fluvial do río Túa atravesando prados e zonas de cultivo, infrautilizadas hoxe en día, que nos achegarán á realidade da raia.
Ademais destes roteiros, que contarán con guías "nativos", o sábado 22, no Hotel Porta Galega, podermos pasar un bo momento cunha sobremesa con sorpresa...
* Para os/as que veñan acompañados/as con pequenos/as estamos xa traballando en plans alternativos.
TÁBOA RESUMO
Saída
Sábado 22 ás 9:00 h. na explanada de facenda en Santiago de Compostela
* Sobre as 11:00 faremos parada en Ourense a recoller xente (lugar de parada: por definir)
Chegada
Domingo 23 sobre as 18:30 - 19:00 a Ourense e sobre as 20:00 - 20:30 a Santiago de Compostela
Roteiros
Sábado 22
Percorrido: Porto - Barxacova
Distancia: 12 Km.
Dificultade: media - alta
Domingo 23
Percorrido: Moimenta - San Ciprián de Hermisende
Distancia: 7 Km.
Dificultade: baixa
Cómpre levar
A comida do sábado e auga
Botas de montaña, roupa cómoda, roupa de abrigo (pola noite refresca), chuvasqueiro (por si chove), gorra (por si fai moito sol...), etc.
Prezo
Socios/as, estudantes e parados/as: 60 €
Non socios/as: 75€
O prezo inclúe o autobús, aloxamento, cea do sábado e almorzo e comida do domingo
Inscricións
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver info(a)verdegaia.org