1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

220510_ponte_vedraGaliza - APDR - A media mañá de onte venres, saían á luz pública unhas declaracións do Secretario Xeral do PsdeG-PSOE, Pachi Vázquez, nas que afirmaba que a Xunta de Galicia tiña concedido a autorización a ENCE para instalar unha central de biomasa no recinto fabril de Lourizán por un período de 30 anos.


Estas declaracións, que colleron por sorpresa a todos os representantes políticos da capital, foron matizadas unhas horas despois pola propia Xunta de Galicia, que negaba a existencia de tal concesión por máis que admitía que o proxecto de central de biomasa presentado por ENCE para Lourizán tiña sido admitido a trámite, polo que, evidentemente, non se pode descartar que esa concesión chegue a ser realidade nalgún momento.

Diante desta situación, desde a Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) queremos facer as seguintes consideracións:

1º.- A instalación dunha planta de biomasa nos terreos que hoxe ocupa o complexo industrial ENCE-ELNOSA suporía unha nova burla á cidadanía da bisbarra, que unha e outra vez ve pisoteado o seu desexo de recuperar a Ría e a calidade de vida arrebatada por ENCE hai case que 50 anos.

2º.- Doutra banda, a instalación dunha central de biomasa en Lourizán podería supor a consolidación do complexo ENCE-ELNOSA no seu actual emprazamento máis alá do 2018; de feito, así o entende o comité de empresa de CELULOSAS que mostraba a súa ledicia coa suposta concesión.

3º.- En calquera caso, a noticia deixa claro que no goberno da Xunta de Galicia e no PP non existe vontade política para eliminar o complexo da nosa Ría, e que hoxe máis que nunca é necesaria unha forte mobilización social que impida a volta atrás nun proceso que ten ganado a maioría social coa súa loita e que debera ter o seu fin con anterioridade ao 2018.

Esta noticia é unha razón máis para nos mobilizar en contra da permanencia de ENCE-ELNOSA na nosa Ría; neste sentido, desde a nosa asociación facemos un chamamento a non baixar os brazos e participar activamente na Marcha contra CELULOSAS do 5 de xuño.

Pontevedra, 22 de maio de 2010

Pola Xunta Directiva,

Asdo.: Antón Masa, presidente.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.