1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

esculcalenteGaliza - Esculca - Os próximos dias 3-6 de xuño terán lugar na Facultade de Ciencias da Educación de Ourense as xornadas anuais que organiza EsCULcA na Universidade de Vigo, este ano sob o título: "A saúde, un dereito universal?". Os traballos decorrerán na aula 4.3 do Edificio de Ferro a partir das 16:00 e a incripción é libre e gratuita.


O dia 3 de xuño, Manuel Martín (portavoz da plataforma SOS Sanidade Pública e Belén Torrón de Médicos do Mundo abordarán a situación en que as novas normas sanitarias deixaron alguns dos colectivos sociais mais vulnerábeis, nomedadamente o das persoas migrantes.

O dia 4 tomarán a palabra dous grupos que procuran solucións alternativas a esta difícil situación: A Revolta Sanitaria (de Chantada) e  Ferrocarril Clandestino (de Madrid).

O día 5 un representante do ColexioOficial Médico de Ourense e dous representantes de colectivos sociais (AECC e Comité Antisida) darán conta da forma en que os recortes orzamentarios afectan o traballo de profesionais e grupos solidarios con persoas en situación de risco.

Finalmente, o dia 6, duas médicas galegas (Celsa Perdiz e Lola Ferreiro) presentarán a situación das mulleres nesta nova situación sanitaria.

Para a obtención do diploma de asistencia, é preciso formalizar a inscripción: inscripcións@esculca.net

Programa.

Foto: Logo do Esculca


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora