1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

120912 rosa-bassaveGaliza - Candidatura do Povo - Hoxe coñecemos a noticia da morte de Rosa Bassave, militante anarquista, feminista, traballadora da empresa USC, loitadora incansábel e irredutíbel e compañeira de mil batallas. Perdemos a unha das imprescindíbeis.


Neste momento de dor, os homes e mulleres da Candidatura do Povo queremos expresar o noso recoñecemento á traxectoria de compromiso de Rosa, sempre ao pé do cañón, e transmitir un forte e cariñoso abrazo a Alberte, a Brais, a Gael e a Iris.

Temos a certeza de que, como sempre foi, alá onde te encontres a partir de agora seguro que xa haberá organizado un grupo de traballadores e traballadoras para argallar unha resistencia, organizar unha folga, denunciar @s "sindicalistas" corrupt@s ou preparar a contraofensiva contra os propietarios do Capital. Na nosa memoria fica o teu espíritu indomábel de loita e resistencia, Rosa. Que o vento te acompañe.

PD: referencia á Rosa Bassave na Wikipedia.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora