1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

160812 atGaliza - CNT - O Sindicato de Oficios Varios da CNT de Ferrol quere manifestar o seu apoio ao persoal do Ateneo Ferrolán, diante das manobras do Concello de Ferrol que poñen en perigo o seu traballo.


Nestes tempos de crise, cando o Concello debería aportar solucións para os problemas da cidade e da súa xente, o que está facendo é crear problemas absurdos en base a unha política sectaria.

A tentativa de quebrar o acordo polo que o Concello cedeu por unanimidade os locais da rúa Magdalena ao Ateneo Ferrolán está creando un grave problema a esta entidade e pon en risco as súas actividades e tamén os postos de traballo que esta entidade mantén coas cotas dos seus socios.

Para a CNT é indignante que o Partido Popular que gañou as eleccións baixo a promesa de resolver o problema do paro, sexa agora o que recorta as prestacións aos parados e o que pon en risco os postos de traballo do persoal do Ateneo.

Ademáis, queremos denunciar que o intento de desprazar ao Ateneo dos seus locais sociais responde unicamente a un interés político por controlar o ambiente cultural da cidade, aínda que sexa facendoo cada vez máis pobre e sectario.

Ferrol, 12 de agosto de 2012
Sindicato de Oficios Varios da CNT de Ferrol


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora