1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

cartaz marim31Galiza - Diário Liberdade - O Colectivo Nacionalista de Marim, o Movimento Galego ao Socialismo e o Partido Comunista do Povo Galego organizam umha palestra sob a legenda "Pola soberania, o futuro e a democracia. Ruptura com a Uniom Europeia". Será em Marim na sexta-feira 31.


Disponibilizamos o comunicado publicado em relaçom com este ato:

As organizacións Colectivo Nacionalista de Marín, Movemento Galego ao Socialismo e o Partido Comunista do Povo Galego queremos aportar unha visión distinta ao debate sobre o que representa e como nós afecta pertencer á Unión Europea. Un asunto que neste ano 2014 vai estar de permanente actualidade, pois no mes de Maio vanse celebrar eleccións ao parlamento europeo. Con tal motivo, o próximo 31 de Xaneiro organizamos un acto público co título "Pola soberanía, o futuro e a democracia. Ruptura coa Unión Europea", coa intervención do xornalista Xosé Emilio Vicente.

Historicamente o soberanismo galego mantivo unha posición contraria á Unión Europea, rexeitando a entrada na daquela Comunidade Económica Europea, xa o nome deixaba en evidencia os intereses que ia defender, opoñéndose ao Tratado de Maastrich no ano 92 e facendo campaña contra o frustrado Tratado para a Constitución Europea no 2005.

Os nosos sectores produtivos fundamentais, agro, pesca e industria foron sacrificados para entrar na UE, deixando a Galiza como subministradora de materias primas e man de obra barata. En Marín sabemos ben o que é padecer as políticas de reconversión pesqueira, desmantelamento e exportación de buques ou expulsión dos caladoiros tradicionais, implementadas pola UE coa complicidade do estado español.

Estamos ante unha institución cun grande déficit democrático, un parlamento cunhas competencias moi limitadas que só serve para lexitimar "democraticamente" a UE mentres a toma de decisións real está en mans dos xefes de goberno dos estados membros que defenden os intereses dos grandes grupos empresariais.

Outro dos aspectos máis negativos da UE foi a unión monetaria e a entrada en funcionamento do euro, que provocou unha perda de poder adquisitivo para a poboación galega e unha cesión das competencias en política monetaria por parte dos estados. Todo isto en beneficio do grande capital e dos países máis fortes da unión, como Alemaña, que toman decisións en función dos seus intereses sen importarlles o futuro dos pobos que sofren estas políticas. Impoñendo "rescates" bancarios a cambio de recortes salariais, de pensións, de dereitos laborais, etc.

Consideramos portanto á Unión Europea unha costrucción capitalista irreconciliábel cos intereses dos pobos e apostamos claramente por unha Galiza soberana fóra da UE. Pretendemos con este acto contribuir a impulsar ese debate urxente no conxunto das organizacóns políticas e sociais do noso país.

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora