1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

101211_incineradorGaliza - Amig@s da Terra - Nin en O Irixo nin en ningures.


Ante o anuncio, reiteradamente reclamado e deliberadamente agachado pola Xunta de Galicia da ubicación da planta Sur de SOGAMA en O Irixo (Ourense) Amigos da Terra lamenta o empecinamento da administración galega por seguir apostando por un modelo de xestión de residuos, caro, ineficiente, contaminante e que con diferencia supón a menor xeneración dos postos de traballo posibles e sin resolver en absoluto o problema.

"Facendo un exercicio lamentable para intentar xustificar o inxustificable, o Conselleiro de Medio Ambiente declara a reducción do 50% das emisións de CO2 que supón o transporte de residuos por tren, pero sin mencionar o incremento do 100.000% de emisións de CO2, máis dioxinas e furanos engadidos, que suporá a incineración de 250.000 toneladas de residuos anuais" declaran desde Amigos da Terra.

Propoñer a incineración, coas piruetas semánticas habituais de aplicarlle os nomes artísticos de "valorización enerxética" ou "reciclaxe térmico" como solución a os vertedeiros, supón un simple proceso de agachar que as cinzas da incineración (o 35% do volumen total incinerado) precisan un vertedeiro de seguridade, pois se trata de residuos tóxicos e perigosos, que se incrementa exponencialmente cantos máis residuos se incineren.

Xamáis incinerar un residuo compensará económica nin enerxética nin ecolóxicamente o seu proceso de producción, manter esa idea e ignorar a lóxica máis elemental. A producción electrica derivada da incineración de residuos apenas alcanza para manter a demanad da propia incineradora.

Non hai ningunha medida concreta para a reducción dos residuos en todo o plan de xestión da Xunta, cando a reducción é realmente a solución do problema, pois un residuo non xenerado e un residuos que non precisa xestión algunha. A política baseada en convertir a xestión de residuos en negocio solo leva aparellado, por lóxica económica, a insostibilidade dun sistema perverso que precisa o aumento do lixo para aumentar o beneficio.

Amigos da Terra denuncia igualmente a doble moral no discurso dos partidos da actual oposición na Xunta, que cando tiveron responsabilidade de goberno continuaron coa incineración como sistema de xestión e que agora, sen dúbida, denunciarán o mismo sistema que eles mantiveron activo.

Foto: Governo de São Paulo


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.