1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)
Ana Lois Navaza

Clica na imagem para ver o perfil e outros textos do autor ou autora

Em coluna

Sobre o cainismo na CIG

Ana Lois Navaza - Publicado: Sexta, 16 Abril 2010 00:00

Ana Lois Navaza

Fai uns meses, atopábame no Cabo Ortegal, desexando que chegara o dia para deixar as miñas responsabilidades na Federacion  de Admón. Pública. 


Mirando a beleza e a forza da natureza cando a auga do mar batia contra a Punta do Limo e dos Aguillóns fixen unha analoxia, pero no senso contrario, da miña experiencia como militante nacionalista, xa que a forza do apoio e solidariedade de quenes deciden (que non dirixen),  voltouse de xeito antinatural contra quen era vítima dun acoso laboral e pouco a pouco deixoume sen posto de traballo, cun salario menor froito dun grao de minusvalia e unhas cantas enfermedades. Pero non todo foron perdas, o cainismo prácticado na CIG, foi quén de garantirme unha novelacion gratis do que me pasou, que para si quixera Blanco Amor.

Se  achantei o Alcalde de Dozon foi porque acredito nunha Galiza Ceibe e da clase traballadora, se son nacionalista non vou «comulgar con rodas de muiño» cos oportunismos de toda caste, non quero ser  «xente ao lonxe», a historia do que está pasando na familia nacionalista, obreira e de esquerdas haina que contar coa liberdade dos ollos dun neno, cun espíritu crítico e autocrítico e non autoxutificativa do acercamento ao sistema dominante; non se trata agora de recuperar á xente que se alonxou do nacionalismo como algún decididor, dí agora, trátase de voltar ao rego quénes abandoaron a praxe nacionalista (acomodaticia).

Na CIG e xa que logo na praxe que está a levar, ademais do perigo do cainismo, hai o da acomodacion; coidado! temos unha xeneracion de liberados-as que só pensan chegar á xubilación nas mellores condicións posíbeis, iso sí, animan ou esixen que na fábrica, no centro de traballo, a militancia verifique o discurso e as nosas plataformas ou reivindicacións, mesmo coa posibilidade da perda do posto de traballo, namentras eles, van conformando un clan familiar ou de relación perverso que fai do persoal, profesión, namentras o colectivo o reservan para o discurso. No xornal de «La Voz de Galicia» do xoves, 15 de abril deste ano condenan á CIG por despedir a un empregado por motivos ideolóxicos, por asinar como avalista no último congreso confederal na candidatura encabezada por Francisco Javier Cartelle Pérez, do Movemento pola Base, pois bén, o Xulgado do Social nº 1 de Santiago vén dicindo que a relación laboral entre o empregado e a organización sindical veu sucedida dunha serie de contratos, algún deles en fraude de lei. Proba deste cainismo, que se está a dar na fase de probas  testificais do xuízo aberto, representantes do sindicato declararon que actualmente hai conflitividade interna na CIG e o despido do traballador é unha mostra diso. O que mais doe cando sucede isto, é a falla de ética e de humanidade e saber que quén  fai estas prácticas invoca á figura do CHE moi a míudo, actuando de xeito despótico, pechado en estruturas defendidas como infalibéis e onde  exixen dos demais que vaiamos trás eles, dende o pior dos seguidismos, tratando de facer  unha nova version  do verticalismo sindica doutras épocas.

Eu ni son, nin nunca fun maoísta, pero quixera apoiarme en Mao Tsè Tung (en homenaxe o ex do que estou falando), xa que no seu libro «Sobre a contradicion», 5 Teses Filosóficas, chegan á conclusión que a contradicion nunha primeira análise, pode deixar de selo diante da dinámica do proceso social,  è dicir, o que hoxe, è unha contradición principal pode pasar a ser secundaria cando a dinámica social tén transformación e o contradí.

A CIG non precisa de salvadores, precisamos, primeiro dos bós e xenerosos, de accion sindical comprometida coa nosa clase e o noso País, tamèn de representación, pero temos que fuxir da construción verticalista, de secta, de seguir ás cegas as decisións e modelos deformados polo oportunismo da conveniencia de parte. Hai perigo real de voltar ás andadas de tempos pasados.

Temos un sistema político centrado nas institucions estatais e cada dia que pasa algún xa remata de comprender que o de mais autogoberno non rebaixa esta afirmación. Hai mais separación entre política e povo, a mediación partidaria mesmo, con alternacia segue sen transformar nada. Hai un dispositivo cada dia mais forte de desmovilización e de normalización sistémica. Os movementos sociais non poden ser subalternos de ninguén ;  formamos parte do movemento nacionalista,  pero tén que ser coa nosa voz, co noso quefacer, coa nosa praxe e dende aí debemos e podemos converxer; así debe entenderse un proceso transformador, así hai que contribuir no proceso  dialéctico da liberación nacional e social da Galiza dende a nosa alternativa sindical. 

* Ana Lois Navaza é filiada da CIG e militante nacionalista


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.