1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)
Alberte Momán

Clica na imagem para ver o perfil e outros textos do autor ou autora

O pasteiro

Lume!

Alberte Momán - Publicado: Segunda, 23 Agosto 2010 12:09

Alberte Momán

Mentres Portugal considera, a proposta do Bloco de Esquerda, a implantación dun sistema semellante ao galego Banco de Terras, para fomentar a mobilidade e posta en valor dos terreos improdutivos, o goberno galego, asediado polo lume forestal, reivindica a extinción sen elaborar nin a primeira medida preventiva.


Isto resulta especialmente grave, dada a situación de carestía dos cereais. O peche da exportación rusa, despois da vaga de lume que afectou a grandes extensións cerealísticas, reafirma á distribución na súa estratexia especulativa, retendo o produto en almacéns cheos de grao, co fin de elevar o prezo deste dun xeito artificial.

Na miña opinión, foi sempre un erro que cada cooperativa agraria galega tentase montar unha fábrica de penso propia, dada e evolución da demanda, e a situación na que se atopa o sector produtor, para o que a necesidade de reducir custos, rematará por obrigar a prescindir, en grande medida, dos pensos, en favor daquela parte da alimentación de produción propia. Situación que se agrava se temos en conta que, hoxe en día, a adquisición de cereal para a produción de racións destinadas á alimentación animal está resultando unha tarefa realmente complexa.

Un dos motivos que sempre se esgrime, á hora de desprezar as producións internas de grao, en favor do provinte de fóra, é que resulta moito máis económico traer un barco dende calquera parte do mundo cheo de cereal, que producir calquera cantidade do
mesmo en Galiza. É posible que sexa certo, aínda que só en parte. A produción local, nunca comparable en cantidade ás necesidades reais do mercado, ten dúas avantaxes, sobre todo en anos nos que, como este, a adquisición de grao é moi difícil. Por unha banda, fronte a movementos especulativos do mercado, a produción local pode axudar a regular o prezo do cereal, cando as importacións se sitúan moi por riba do que sería un prezo razoable. Por outra banda, en momentos como o actual, no que os grandes almacenistas reteñen as importacións para reducir a oferta circulante, as fábricas nacionais, grazas a esa produción local, terían a posibilidade de ir tirando dunhas reservas para saír do paso, sen necesidade de negociar á alza de xeito desesperado, pola
escaseza de existencias.

A maiores, no caso de que as miñas teorías non fosen de todo correctas, neste país temos unha necesidade imperiosa de poñer a producir as terras que, cos anos e a diminución de activos na a actividade agraria, foron quedando baldías, ficando comestas polas silvas e os toxos, fonte de propagación do lume en anos de seca.

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.