1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)
Roberto Laxe

Clica na imagem para ver o perfil e outros textos do autor ou autora

A Velha Toupeira

Que Feijoo non se equivoque: queira ou non Galiza nazon

Roberto Laxe - Publicado: Terça, 10 Novembro 2015 12:54

Feijoo, tentando barrer para a sua casa, ironizou coa presenza do ex Xefe do Estado Maior na listaxe de Podemos -se non me trabuco, non falamos dun xeneral de a pé, senon o terceiro na cadea de mando do exercito: primeiro, o rei, segundo, o ministro de defensa, terceiro, o Xefe do Estado Maior- , decindo "benvidos a España", referíndose, obviamente, a ANOVA e a Beiras, no concreto.


Feijoo fai ben en sacar a relucir as incongruencias da organización que, cando se constituiu AGE, situou o problema politico no centro: Beiras foi o primeiro politico institucional que recoñeceu a situación de "emerxencia social e nacional", e chamou á ruptura co rexime do 78. Para iso, e utilizando a Castelao e Boveda, frente as criticas que lle fixeron desde o BNG, argumentou que nunha situación de "emerxencia", eles tamen pactaron coa Fronte Popular do Estado Español.

Fai pouco, nunha entrevista feita en Catalunya reafirmabase nesta liña, decindo que se vivira en Catalunya votaría ás CUP.

Ate aquí, e dentro das diferenzas, todo correcto... Entón que demo fai "avalando" umha candidatura que acepta a OTAN, que respecta as bases ianquis, que admite a educación "concertada", que non cuestiona a relixión nas aulas, que leva meses manobrando para evitar que na Galiza houbera umha candidatura de esquerdas, ... Que xa non fala nin do rexime nin da monarquía.

É moi dificil entender que toda a teoria que deu orixe a AGE, apoiada en Castelao e Boveda, dera como resultado un pacto cumha organización do rexime como é Podemos.

Onde queda a situación de "emerxencia social e nacional", onde queda a ruptura co rexime, onde queda o voto ás CUP,... Que pasa, amigos e amigas de ANOVA; qué pasa amigo Beiras, Galiza non ten direito a ter umha organizacion rupturista, anticapitalista?

A candidatura promocionada por IuP, ainda que o BNG defenda a ruptura co Rexime, faino, como diria o outro, "os dias de festa"; porque o seu verdadeiro eixo é o do "grupo parlamentar" que agrupe a sectores da direita burguesa galega (Coalición Galega, Terra Galega, e, ate un punto Compromiso por Galiza), nun acordo nacional sen un sentido anticapitalista, senon só nacional.

Esta candidatura non resposta aos interese da clase traballadora, senon a pón ao servizo desos sectores da burguesia galega cara a conseguir un "lobbi" de presion no parlamento que saía das eleccions do 20D. Non ten no seu ADN a loita independente da clase traballadora, senon que esta subordinase a eses interese, que lle son alleos e contradictorios: a burguesia galega, ainda que sexa nacionalista, non deixa de seren propietarios de medios de producción, o que inclúe a forza de traballo contratada por eles.

Esto supón poñer á CIG, a organización sindical mais combativa da Galiza, ao caron de burgueses como os de Coalición Galega, Terra Galega ou Compromiso por Galiza, para construir umha nazon... Burguesa ou obreira. Que nazón queren construir?

Con  estas duas alternativas, a clase traballadora galega, como ven sendo desde fai moito anos, fica orfa de organización politica: uns pactando coa versión PSOE.2, tan centralista como el, outros, pactando con burgueses galegos incapaces de recoñecer que só rompendo con "España" podense desenvolver como clase dominante.

Nesta tesitura, os que consideren que existe umha terceira via ha que xuntarse para retomar o fio vermello das experiencias da loita obreira galega (e internacional), do 72 e das folgas da transición; das 11 folgas xerais destos anos de Rexime do 78, das loitas estudiantís contra a LOU ou Nunca Máis. Que parta do feito de que na Galiza o 70% da sua poboaciòn activa é asalariada, son obreiros e obreiras, traballadores do naval e o metal, do mar, do comercio e a administración publica, da textil e da madeira... e que como clase teñen os seus interese proprios, diferentes dos ex Xefes do Estado Maior e dos burgueses galegos, e umha alternativa propria, o anticapitalismo e o socialismo.

Feijoo equivocase se pensa que co xiro de ANOVA a loita polos direitos nacionais da Galiza desaparece, 40 anos de franquismo con toda a sua represion non conseguiron domar á clase traballadora galega, e non o vai facer o amigo dos narcotraficantes. O invés, o xiro de ANOVA, e a politica interclasista do BNG, clarifican a escena politica e deixan a porta aberta ao xurdimento dumha organización verdadeiramente anticapitalista, socialista, na Galiza, que teña como eixo a loita contra o rexime do 78, que visualice a loita politica mais alo do simple calculo electoralismo e o xogo de tronos polas listaxes, a ver quen encabeza as listaxes, sen que exista un debate politico e programático de fondo.

Abrir o melon desta discusión e a organización de todas aquelas persoas que rexeitan os acordos cupulares e electoralistas dos ultimos meses, poñendo no centro a mobilización social, a sua autoorganización e a sua coordinacion, como unico metodo de loita ao que se subordinan todos os demais, como as candidaturas electorais, é o que ha que facer.

Contactar, debatir, coordinar e intercambiar experiencias é un primeiro paso para superar o fracaso, real, dumha confluencia que "entre todos mataron, e ela sóa morreu".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.