1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)
Roberto Laxe

Clica na imagem para ver o perfil e outros textos do autor ou autora

A Velha Toupeira

"Problema nacional" ou problema español

Roberto Laxe - Publicado: Terça, 29 Setembro 2015 23:52

Desde o progresismo centralista seguen erre que erre coa teima de que o proceso catalán é un problema catalán...


A ver se o entendemos, o problema catalán, como o basco ou o galego, é o problema da conformación dun estado plurinacional baixo mando do exercito español, "garante da unidade nacional"... española, como din a Constitución, texto que no seu artigo 135 impón o pago da debeda por cima de calquer outro gasto.

Por elo, a unidade "nacional" española, simplificando, é a unidade de mando do capital español que negocia ou impón, dependendo: no Pais Basco negocia os conciertos para non atizar o independentismo, en Catalunya mistura a negociación e a imposición, e en Galiza ten os seus cipaios para impoñer: prohibición de fabricar barco civis en Astano, desmantelamento sistemático de calquera atisbo de desenvolvimento autocentrado, etc.

O problema non é basco, catalán ou galego, o problema é o rexime do estado español que nega, baixo mando do exercito, o direito destos pobos a decidir cal é a relación que queren manter co resto.

Por outra banda, desde o progresismo español se ven separando a cuestion nacional da social, como se eles representaran esta última frente os primeiros, burgueses eles que queren desviar a loita contra a austeridade e a troika.

Pois iso é un argumento falso: as CUP fixeron eixo no plan de choque contra a austeridade e a UE, e o tempo, situaron o problema na soberania... Porque, quen impón as leis que obrigan a todos a aplicar a austeridade, novamente é o goberno e o rexime centralista.

Artur Mas e a burguesia catalana aplica sen problemas estas leis, pois son parte da burguesia, umha burguesia que choca co caracter ultracentralista do capital español. A crise, o minguamento da tarta da explotación dos traballadores / as, fai que as pelexas entre eles tomen tintes de loita nacional, mas non pensemos que a burguesía catalana, nin tan siquer a que se move tras Artur Mas, ten o menor interés de provocar umha ruptura revolucionaria co rexime do 78, o invés, o mais que chega é a presionar para conseguir, e só a cerrazón do estado empurra-a a "secesion".

O rexime do 78, como parte desa alianza estratexica que é a UE, é o problema coa sua estructura centralista e as politicas austericidas, por iso, temos que romper con el, para frear esas politicas antisociais e centralistas que impiden un desenvolvimento autocentrado dos pobos, numha perspectiva de clase e social da transformación da sociedade.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.