1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)
Roberto Laxe

Clica na imagem para ver o perfil e outros textos do autor ou autora

A Velha Toupeira

A politica no posto de mando!

Roberto Laxe - Publicado: Segunda, 03 Agosto 2015 15:16

Umha vez pasado o verán, no estado español asistiremos a dous plebiscitos, un así declarado abertamente polos seus convocantes, que son as eleccions catalanas de setembro.


 Dous meses despois asistiremos a un novo plebiscito, agora a nivel estatal, e cos resultados catalanes sobre a mesa. Un plebiscito entre o "bunker" do PP/Ciudadanos, que defenden a Constitución contra vento e marea (non vai con segundas, ou si?); os "reformistas" do rexime, que queren mudar sen tocar a esencia da constitución, e os que falan, xa dun xeito claro ou ambiguo, da necesidade da romper con ela.

Este é o cadro das discusións entre "agora en comun", Mareas, Podemos, BNG-Asembleas Abertas, etc. etc.; mas sen pór no centro do debate en cal do segundo ou o terceiro bando ubicase cada ún. Do primeiro, dou por suposto que ningún esta nel.

Sen avanzar nesta definición é absolutamente imposible pórse dacordo no seguinte, nos codigos éticos ou as formas de organización, pois é a función a que fai o orgao, non o invés.

É posible facer umha outra politica no cadro do rexime do 78, ou dito doutra maneira?, qué se entende por romper coa Constitución do 78?. Porque ésta e a "nai" de todas as discusións, cuxa resolución facilitaría todas as demáis.

O rexime do 78 basease en tres pactos fundamentais na Transición, un, os Pactos economicos da Moncloa, o primeiro gran pacto social entre umha clase obreira en ascenso, con grandes loitas e conquistas, e a burguesia, daquela todavía franquista, dous, os pactos autonomicos, onde baixo o lema "cafe para todos", disolvense as reinvidicacions nacionais de Catalunya, Euskadi e Galiza, chegando ao absurdo de construir umha autonomía en Madrid; terceiro, os pactos constitucionais, que na Constitución do 78 sancionan e "avalan" diante da poboación o continuismo do franquismo á democracia, nas suas institucions fundamentais, a xefatura do estado e o exercito, garantes da unidade da patria.

Todo isto cumha lei de Punto Final vixente, a Lei Amnstía. Semella que a burguesia "concedera" as liberades democráticas, a cambio da garantía de que non se investigarán os crimes da dictadura.

Todo isto, nun cadro de revolución en Portugal, Grecia, Vietnam, ... e baixo o influxo da onda do maio do 68. A burguesia española "mudaba todo para non mudar nada" e cumplir o seu soño "europeo", nos 80 entrabamos na CEE (actual UE) e na OTAN, despois do famoso "OTAN de entrada, non". 40 anos despois vemos os resultados desos pactos.

Pois ben,... Se é certo que estas son as cuatro patas do Rexime do 78, é de loxica que calquera cambio que se queira facer, se non queremos facer as cousas a medias como aconteceu no 78, ten que toca-las. Do 78 o que temos que resgatar son as liberdades democráticas, ameazadas, e de que maneira, pola Lei de Partidos e a Lei Mordaza. Nada máis!

Alguén concibe que é posible rexeitar as politicas austericidas e de recortes da UE e dos gobernos, sen romper con eles? Alguén cre que é posible o direito a decidir das nacions baixo unha constitución que o rexeita explicitamente? Alguén cre que é posible umha mellora das condicions de traballo baixo a loxica infame do pacto social sistemático, inaugurado polos Pactos da Moncloa?.

Séi que son, en moitos aspectos, preguntas "retoricas", mas é preciso facelas en alto para saber do que discutimos, (xa está ben ese mantra, de que "todos sabemos contra o que estamos", por non é certo, cando profundamos resulta que as diferenzas son cualitativas), e ate onde quere chegar cada ún.

É unha cuestión de loxica formal, o primeiro que temos que facer é pormos dacordo no qué queremos cambiar, se o goberno do PP por un progresista, dentro do marco da UE e o rexime, "radicalizando a democracia"; se o que queremos é so un grupo parlamentario galego, que só cuestione o rexime nos dias de festa ou na propaganda; ou, se o que queremos é avanzar na ruptura co rexime e na transformacion social.

Para a primeira viaxe, chega cun acordo electoral onde se garanta umha maioria social que de o goberno ás forzas que o defendan, e desde aí tomar algumhas medidas progresista (mesmo cumha reforma da constitución, como a derrogacion do artigo 135 da Constitución) que "melloren" as condicions de vida do pobo.

Non son precisos grandes acordos políticos, só uns minimos de "transparencia", "participación" cidadá e "austeridade" na xestión publica. Os grandes temas sociais e políticos que afectan á poboación traballadora, como a Reforma Laboral, o direito a decidir das nacions ou as privatizacións masivas, ficarían nun "xa veremos", e o rexime ficaría, coa limpeza necesaria, como está: sería a "radicalización da democracia".

A segunda viaxe semellaría mais radical, pois un grupo galego reafirmaría, nun principio, a conciencia nacional galega; nazón "escarallada" en definición dun vello galeguista e gran humanista como foi Isaac Diaz Pardo. "Nación escarallada" polo Estado Español, engadiría eu.

Se ese grupo parlamentario non quixera ficar como un grupo mais no parlamento español, tería que se prantexar como primeira tarefa traballar por abrir un proceso soberanista na Galiza, que levara inexorablemente á loita polo exercicio efectivo do direito a decidir do pobo traballador galego que tipo de relación quere manter co resto dos pobos e o rexeitamento desde a raíz das politicas da UE e os gobernos.

Se non é este o obxectivo central dese grupo parlamentario galego, o acordo non sería mais que unha plataforma electoralista, dentro do cadro do Rexime e da UE.

Como a realidade é que a discusión de fondo é xusto a politica frente o rexime e a UE, veñen os problemas. O non haber claridade nas diferencias POLITICAS, todo deriva nun lio entre metodos, persoas e persoeiros, formas de facer "politica", e demáis.

Cales son as diferenzas políticas entre "agora en comun", "podemos" e a "marea"; cal é a posición que cada ún ten ante o rexime do 78, o direito á autodeterminación e a derrogación de TODAS (ABSOLUTAMENTE TODAS) as medidas do PPSOE, co mesmo método que eles utilizaron para impoñelas: o decreto lei. Por moito que un investigue, non son claras; todo perdese nun ovillo de “castas”, “ferramentos de cambio”, republicas federais sen recoñecer abertamente que unha federación só podese construir a partir da soberanía das nacions que deciden federarse, “todos contra o PP”, e demais xeralidades.

Hai que retomar o debate onde o deixamos o pasado ano, cando o proceso soberanista catalán estaba no seu punto alxido, cando as Mares de loita contra as privatizacions confluian na Marcha a Madrid o 22M, e cando, a raiz de todo isto, dimitía o vello rei. Cómo facemos para desenvolver a mobilizacion que permita abrir de novo as fiestras, que entre o ar novo da loita social e sair dos estreitos marcos da “pelexa” electoral, cinguida sempre as “cenaculos” dos partidos e as organizacións "vellas" e "novas".

A xente, a clase traballadora fai a sua historia coa sua loita independente e autoorganizada. E isto é mais que retorica, como semella que é para moitos. Algúns propuxemos que o 25X se tivera reconvertido nunha grande asemblea popular, onde a xente da rua falara; non os dirixentes, non os persoeiros da cultura, mas tamen a poboación traballadora. Agora todos estan a interpretar o que aconteceu o 25X, en vez de terlle dado a palabra directamente a xente.

A política implica xeitos de organizar. Unha politica electoralista, da cor que sexa, implica o afastamento da poboacion, á que simplemente se lle chama a votar, non a debatir e a facer autoorganizadamente o que decida facer. Umha política non electoralista, transformadora, presupon a actividade da poboaciòn traballadora, pois sen ela non é nada; e os obxectivos políticos determinan esta diferenza.

Por iso, para resolver os ovillos das confluencias, para avanzar na unidade, é preciso por “a politica no posto de mando”, e a partir dos acordos políticos, tomar as decisions correspondentes sobre metodos de actuación e codigos éticos.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.