1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)
Roberto Laxe

Clica na imagem para ver o perfil e outros textos do autor ou autora

A Velha Toupeira

Unha rede de cidades insubmisas

Roberto Laxe - Publicado: Segunda, 15 Junho 2015 22:58

As eleccións municipais pasadas puxeron branco sobre negro a fartura da poboación ás políticas de recortes da UE, da Troika e do PP (e do PSOE e EU en Andalucía, aínda que o adornasen coa coletilla de "por imperativo legal").


 Iso está claro nas variadas ferramentas electorais que utilizaron para desbancar ao PP do poder municipal e autonómico: desde Bildu até o BNG ou as CUP, pasando polas mareas, gañemos, "en común",... etc., todos tiñan o mesmo leiv motiv: rexeitamento desas políticas.

Ante este xiro á esquerda social (a sociedade séguese dividindo en "dereitas e esquerdas", son os intelectuais e os políticos de nova fornada os que nos seus cerebros fixeron desaparecer esta división) o PSOE recolócase para cabalgar e "controlar" aos gañadores, como dixo Mar Barcón do PSOE coruñés. Para o PSOE "controlar" significa evitar que se cometan "excesos", é dicir, atentar contra as bases do réxime. O PSOE convértese, ante o desastre do PP, no garante das esencias do réxime do 78 (Esperanza Aguirre non ía desencamiñada cando chamou a unha fronte prol constitución entre Cs, PP e PSOE), e Cs de guadalupanos dun e outro.

Que significa no concreto ese rexeitamento?. Ada Calau afirmou que se unha lei é inxusta, saltaranlla. Correcto!.

Pero cales son as leis que son inxustas no Estado Español se desde a Transición e a Constitución o único que se fixo é desmontar o que a sociedade gañase na Transición. Desmonte que nos anos de Aznar, co interregno dalgunhas medidas de ZP (matrimonio Gai, aborto e pouco máis), do propio ZP e de Rajoy, foi acelerado.

Polo que fai á política municipal, as cidades "insubmisas" enfrontadas aos recortes teñen unha lei que ou a incumpren, ou se verán atados a eses recortes. A reforma da lei de réxime local impón un férreo control dos orzamentos municipais polo ministerio de Facenda, e Rajoy o día anterior á toma de posesión xa ameazo: que ninguén se pase no control do déficit!

Se os novos gobernos municipais queren levar adiante os seus programas contra dos cortes non lles vai a quedar máis remedio que ser coherentes, e saltarse esa lei e ao ministerio de facenda creando un problema político de primeira orde. Pola contra serán eles os que terán que aplicar ese control do déficit, e recortar, de maneira que ante a poboación (e por moito que digan "por imperativo legal") serán eles os que aplican e asinan os recortes. Xa nos podemos imaxinar a campaña dos medios da dereita; todos iguais!, e non deixarán de ter razón, porque os imperativos legais impórtanlles ben pouco aos que sofren os recortes.

Pero esta non é a única medida: os novos gobernos comprométense a recuperar os servizos privados e privatizados (todos sabemos que un servizo en xestión privada é un 20% de media máis caro que un en xestión directa, porque hai que garantir os beneficios empresariais). A lei impón que en caso de recuperación dun servizo, se hai ruptura da concesión, teríase que pagar unha indemnización; ou sexa, que o empresario que xestiona o servizo gaña sempre, se lle manteñen a concesión e se lla quitan. Non terían que saltarse a lei os novos concellos, e recuperar os servizos privados / privatizados sen indemnización?.

Así sucesivamente... e non só nas leis que fan á xestión dos servizos, senón en todos os aspectos sociais e políticos.

Os novos concellos son expresión dun xiro social que explotou o 15M, baixo a lema "non son as persoas, é o sistema". Non o esquezamos nunca, porque o 15M de maneira intuitiva situaba o problema onde estaba, en que un simple recambio de persoas non basta para rexenerar a democracia, que o lle chaman democracia e non o é" enraíza nun sistema, o capitalista, e no réxime capitalista español, o chamado "réxime do 78".

Un réxime que ten unhas patas moi precisas, a monarquía, e unha columna vertebral enraizado nun capitalismo que vive do saqueo das contas estatais. Non nos enganemos, se un concello quere recuperar un servizo seguramente chocase cos intereses do capital financeiro e grandes empresarios: as concesións de limpeza, xardinería, etc. están en mans de grandes construtoras, tras as que están os grandes bancos.

Saltarse as leis como a de réxime local conduce sen atallos ao choque con eses intereses, é expropiar a grandes empresarios (asi como empresarios medianos, pero con gran poder local, en cidades como en Coruña co transporte publico). Están dispostas estas candidaturas a ese choque?

É obvio que se queren levar até o final para o que os votaron, van ter que facelo. E iso ten un nome, loita de clases, porque nun lado do campo se sitúan os que se beneficiarían desas medidas, a clase traballadora nas persoas que traballan para esas empresas e a poboación traballadora que utilizan eses servizos -os ricos privatizan o que eles non necesitan, porque teñen diñeiro para coches e seguros privados-, e en fronte estarán os propietarios / donos desas empresas, que verán perder os seus beneficios empresariais. Por iso é loita de clases.

Ben, e como se pode enfrontar esta loita con garantías de vitoria. A primeira, falando claro á poboación: non se pode gobernar para todos / as!, ou se goberna para a maioría da poboación traballadora, adoptando esas medidas, ou se goberna para a minoría explotadora e saqueadora... Non hai termino medio, o que beneficia a uns prexudica a outros.

Segundo, apelando á mobilización social, á súa autoorganización, porque os empresarios prexudicados non van a quedar vendo como perden a fonte dos seus ingresos. Van utilizar todos os seus medios, que son o Estado, os medios de comunicación, o goberno / Xunta, etc para evitalo. O ABC xa comezou a súa campaña contra o alcalde de Santiago, cun articulo "quérennos a todos lusistas". La Voz de Galicia xa sacou un articulo contra os alcaldes de Coruña e Santiago, denunciando o "laicismo excluínte", Rajoy xa ameazou a todos con que non se pasen do control do déficit. E isto, antes da toma de posesión.

Terceiro, apelando á unidade de todos aqueles municipios que rexeiten os recortes e as políticas da UE/Troika/PPSOE, constituíndo unha Rede de Municipios Insubmisos, para coordinar as medidas a adoptar e avanzar na única saída posible: que esa Rede avance na loita por unha asemblea constituínte que resolva a crise nun sentido obreiro e popular, e resolva o problema nacional a través do exercicio efectivo do dereito a decidir de Catalunya, Euskadi e Galiza!.

Galiza, 14 de xuño de 2015


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.