Xurdiu aí un persoeiro secundario no rexime -todo seu curriculo era o ter sido DiretorXeral da RTVE-, mas importante no seu aparello politico, o Movimiento Nacional (a Falange reconvertida por Franco), que era o seu Secretario Xeral, Suarez.
Suarez foi posto pola burguesia porque era un descoñecido para a gran masa, e polas suas ligazons coa falange; mas principalmente por que o movimento obreiro ameazaba e había que pactar co PCE e o PSOE, para frealo. Alen diso, expresa as contradiccions interburguesas entre os partidarios de Arias Navarro, Fraga e demáis do "bunker", que non querian tocar nada do franquismo, e o sector da burguesia que, tras as xornadas do 3/4 de marzo de Vitoria, asustouse e prantexouse o "mudar todo para non mudar nada"; Suarez foi a persoa que puxeron o frente... Mas o verdadeiro poder ficaba nas mans do Exercito, a través de Juan Carlos (xa era o Xefe do Estado e do Exercito) e de Gutierrez Mellado.... Os anos da Transición foron, sen dubidas, uns anos complexos onde houbo millons de protagonistas.
Suarez amplia o pechado "espiritu do 12 de febreiro", e elabora a Reforma politica, onde abrense as portas á legalización do PSOE. En decembro do 76 faise un referendo que foi a demonstración da boa vontade do PCE de entrar á negociacion, cando en vez de chamar ao Voto Non á Reforma do Rexime, limitáse a chamar á abstención, arrastrando tras de si a toda a esquerda revolucionaria. A Reforma Política de Suarez convirtese na moeda de cambio frente a Ruptura levantada polas forzas da oposicion legalista (o trotskismo nunca acreditou esa politica de "ruptura vs reforma", a tarefa para eles era seguir o camiño aberto en Portugal no 74). O final é de todos coñecido, a negociacion entre o PCE, o PSOE e Suarez, cun convite expreso ás burguesias catalana e basca, traducese na ruptura pactada (ou a reforma política ampliada, se o miramos desde o punto de vista dos franquistas) coa renuncia expresa da esquerda a lles pedir responsabilidades -lei de amnistia-, a troques dumhas libertades vixiadas... que se foron ampliando pola via dos feitos, mas seguen administradas polos que herdaron o poder da dictadura; ate chegar á situacion actual.
O futuro estase a escribir nas ruas de todo Estado Español nestos dias.