1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)
Alberte Momán

Clica na imagem para ver o perfil e outros textos do autor ou autora

O pasteiro

As posibles excelencias do leite cen por cen galego

Alberte Momán - Publicado: Terça, 13 Julho 2010 21:16

Alberte Momán

A Consellería de Medio Rural vén de establecer novos criterios de catalogación para un leite cento por cento galego.


Criterios referidos tanto a xermes como a células somáticas, que non deixan de ser glóbulos brancos dedicados á defensa do corpo fronte patóxenos. Se ben, é correcta a utilización destes dous parámetros para o control da calidade do produto final, debería ser este o único método de avaliación da calidade ou, neste caso, a modificación dos criterios do LIGAL responde á presión á administración pública, por parte das empresas, para realizar unha baixada de prezos encuberta?

Continuando coa proposta dun leite de calidade. Non é máis certo que para conseguir un leite diferenciado e de calidade, cómpre non só avaliar o produto final, senón o proceso enteiro de produción? E que, dificilmente, dentro dun sistema produtivista, se podan dar as condicións para a consecución dun leite diferenciado? Os fármacos poden conseguir grandes cantidades de leite e con parámetros dentro da normativa establecida. Pero o que resulta verdadeiramente impagable é a extensificación da produción e a mellora da calidade de vida deses animais, repercutindo na baixada de produción, pero na altísima diferenciación do produto en base á súa calidade.

Por outra banda, non é menos certo que os hábitos de consumo varían, cada vez o leite graxo é menos consumido, así como os seus derivados, en favor doutros produtos con menos contido en graxa, obrigando ás empresas a variar a súa cadea de produción. Nun sistema moi dependente do leite líquido, esta variación dos hábitos de consumo é moito máis preocupante que noutras realidades menos dependentes. Neste caso, as empresas que operan en Galiza, o que buscan, ao meu entender, é unha redución dos custes, acurtando a marxe obtida polos produtores. Neste sentido, a prezos base moi baixos, onde cumpriría actuar para conseguir este fin, sería nas calidades que son pagadas a maiores do prezo base. Até o momento, o prezo final do leite, consistía nun prezo base, máis calidades: Células Somáticas, Proteína e Graxa. Unha redución das células somáticas dificilmente xustificada na normativa de calidade, produciría unha redución no ingreso do produtor por esas calidades, o que diminuiría o prezo final percibido.

Cando falo dunha dificilmente xustificada redución das células somáticas, a que me estou a referir? Ben, a antiga normativa de calidade, establecida a nivel europeo, marca os intervalos admisibles de glóbulos brancos, cando reducimos até niveis tan baixos, estamos aseverando que o leite que non cumpre a norma local é de mala calidade? A falta de criterios válidos para avaliar a calidade do leite, como antes expuxen, Medio Rural apresúrase a dicir que non, que é de calidade o leite que non se axusta a estes novos parámetros. Pero entón, seguindo o razoamento, deberiamos facer dupla etiquetaxe, unha que definise o leite de calidade e outra que falase do de moitísima calidade. Un absurdo.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.