1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)
Roberto Laxe

Clica na imagem para ver o perfil e outros textos do autor ou autora

A Velha Toupeira

A ruptura coa Unión Europea e o Euro

Roberto Laxe - Publicado: Quinta, 13 Junho 2013 10:07

A crise da Unión Europea é a crise do modelo capitalista que as burguesías dos estados europeos construiron para competir cos EE UU e Xapon; como dixeran na Cimeira de Lisboa, "en dez anos" alcanzarían aos EE UU. 


A realidade da crise demonstrou que estas burguesías só teñen un proxecto común para facelo: aumentar a explotación dos traballadores/as e o saqueo dos pobos oprimidos. A isto reducese nos feitos a Unión Europea e a sua moeda.

A crise política da Unión Europea, ás presións sobre a débeda soberana e todos os movimentos especulativos o seu redor, esta xerada pola cobiza de cada burguesía, que quere levar a sardiña a súa ascua, e nesta loita inter burguesa a que se impón é a mais poderosa, a alemá e os seus satelites.

Mas non nos trabuquemos, que a burguesía alemá sexa a beneficiada do empobrecimento dos países "periféricos" non quer dicer que o seu pobo no sufra tamen ese empobrecimento; nada máis lonxe da realidade. A burguesía alemá tivo más capacidade de previsión que as demáis, e as medidas que hoxe sufren o conxunto dos pobos europeos, foron experimentadas na propria Alemaña coa "axenda 2010" do goberno social-verde de Schroeder, feita no 2002. A propaganda non pode tapar que en países "satelites" de Alemaña como Suecia o paro xuvenil supere o 20%, que na mesma Alemaña moitos xubilados (900 mil) teñan que traballar para completar as pequenas pensións que cobran, e que os chamados "minijobs" supoen que miles de traballadores/as novos gañen ao redor de 400 euros o mes.

O verdadeiro carácter da UE é a de seren unha "cova de ladróns", onde todos os grandes capitais europeos sintense a gusto. A defensa do euro é a defensa destas polticas antiobreiras e antipopulares.

Mas a crise, o enfraquecimento das economías, a nova recesión na que entra a Unión e a sua incapacidade para dar unha saída á crise que non vaia mais alo do desemprego masivo (17 millons de parados na Unión), da rebaixa de salarios e perda de conquistas laborais, e o desmantelamento de todos o servizos públicos e sociais, en fin, do empobrecimento social, leva a aparición de forzas políticas que buscan a "rexeneración" social da Unión Europea, cando isto, como se viu en todos os anos da súa existencia é un imposible: nin nos mellores tempos económicos, poideron aceptar os non irlandés, danés o francés á Unión. Tiveron que facer "trampas" ate que conseguiron o si, pois a Unión construida en Maastricht é umha unión dos capitalistas europeos para mellor explotar á clase traballadora e os pobos. Nunca tiveron a menor intención dumha Europa "social", non a precisaban. Por iso as políticas dos que teñen como horizonte dotarlle de "carácter social" a unha Unión que, por definición, non o pode admitir, son cantos de sirea que desarman e desconciertan ás poboacións frente os seus inimigos reais.

Por outra banda, e froito da decadencia e empobrecimento das chamadas "clases medias", os pequenos empresarios, os xubilados, os pequenos campesiños, e mesmo sectores do asalariado, etc., xurden tendencias "chovinistas", "nacionalistas", no mellor dos casos "euroescepticas", nun replegamento a que "calquer tempo pasado foi mellor". Manteñen a ilusión de que cando a peseta, a lira, o dracma ou o escudo existían non ían tan mal, e a sua decadencia social vai ligado o seu retroceso social. Imaxinan que coa antiga moeda nacional, recuperando a suposta "soberanía" sobre a política monetaria non empobrecerían, pois poderían tomar medidas –devaluación da moeda- que manteria o seu nivel. ¡Nunca umha devaluación se fixo para manter o poder adquisitivo das clases traballadoras, o invés, esa medida só se traduce nunha perda do poder adquisitivo real, ainda que non nominal!.

De feito, a realidade é que a política que hoxe siguen desde a Unión Europea e a Troika é una devaluación do euro, sen decilo, que esta empobrecendo ao pobo traballador europeo, comenzando polos seus sectores máis débiles, os estados da periferia. Se lembramos, no Estado Español nos anos 50 o franquismo devaluou a peseta e provocou a ruina no campo, xerando unha onda migratoria cara as cidades e Europa de millóns de seres humanos. Xa na democracia, o goberno de FG devaluou a moeda como parte da reconversión industrial pola que desmantelou (ele chamoulle "modernización") o nucleo duro da industria pesada española, o naval, a siderurxia, as quimicas, o petroleo, a pesca, etc., todo a maior gloria da incorporación española á naquel momento coñecida como a CEE.

Sobre esta base do "euroescepticismo" e o replegamento ás "fronteiras nacionais", estan xurdindo correntes neo fascistas ou fascistas directamente, como Amencer Dourado de Grecia, que apoiandose na demagoxia racista e xenofoba ("primeiro os nativos" frente os inmigrantes), estanse a entrenar para enfrentar á clase traballadora cando os seus amos o precisen. De igual maneira que os fascistas dos anos 30, Mussolini, Hitler ou Primo de Rivera, falaban de "nacional socialismo" ou "sindicalismo" e propuñan medidas como a nacionalización da banca para confundir os empobrecidos pola crise, os neo fascistas actuais utilizan demagoxicamente unha terminoloxia "radical" contra a UE e o Euro, ocupando diste xeito o espazo social que deixan entre o pobo os socialdemocratas e reformistas, empeñados na imposible "rexeneración" da Unión Europea.

Son cantos de sirea para gañar os sectores sociais escepticos coa Unión Europea o servizo dos mesmos intereses burgueses nacionais e europeos que estan chocando coa clase traballadora e os pobos; baixo as ordes da UE e a Troika, son os gobernos estatais e nacionais os que estan a desenvolver as politicas antiobreiras. É preciso desemascarar a sua demagoxica antieuropea porque de ultimas son as ferramentas mais brutais e violentas do capital contra a clase traballadora, só que disfrazados co manto do rexeitamento da UE, e que sacaran das catacumbas cando esa mesma Troika e UE vexa en perigro os seus planes.

Unha outra saída é posible

Hoxe as burguesias europeas agrupadas na UE teñen claro que se queren competir no mercado mundial, non só cos EE UU ou Xapon, que xa fixeran os deberes nos 80, teñen que rebaixar o poder adquisitivo da clase traballadora europea entre un 20 e 30% -o que resultaría da devaluación da moeda, no caso de recuperar a peseta, a lira e demáis-, alem de desmantelar, e privatizar, todos os servizos públicos que ainda quedan como un residuo do Estado do Benestar dos "30 gloriosos".

Frente a isto a clase traballadora e os pobos só teñen un camiño, o que hai catro anos marcou o pobo grego: "pobos de Europa, alzade-vos". E temos que referirnos a todos os pobos europeos, non o suposto enfrentamento entre o "norte" rico e sul "pobre". As politicas son contra todos os traballadores/as e os pobos europeos, e as respostas que illan nacionalmente á resposta, como fan as direccions sindicais agrupadas na CES, é a mellor maneira de preparar a derrota de todos/as.

Cada estado ten as suas tarefas, iso é indudable. A derrota dos gobernos estatais e nacionais é o primero paso dun camiño que ten que levar á unidade contra a Unión Europea e o seu axente, a Troika, partindo do acadado ate o de agora. Poren, para que esta unidade teña futuro ten que ter un eido programático que xunte as loitas e as vontade en toda Europa, a exixencia clara e contundente do "non á UE e o euro", "pola ruptura inmediata do Tratado de Maastricht", verdadeira constitución Europea.

Alen diso, esta claro que a crise que alcanza o conxunto da clase traballadora e os pobos europeos, abre unha perspectiva: a resposta ás políticas da Unión Europea, vehiculizadas a través da Troika e os gobernos só pode darse avanzando na unidade na loita contra estas institucións. A perspectiva da Federación de Repúblicas Ibéricas e os Estados Unidos Socialistas de Europa esta contida na Xornada de Loita Europea do 14N, que foi de Folga Xeral na Península Ibérica, cando a clase traballadora e os pobos de Europa deron un paso na unificación das súas forzas.

05 de xuño


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.