1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)
Manoel Santos

Clica na imagem para ver o perfil e outros textos do autor ou autora

Às vezes ouço passar o vento

Falsas soluçons à mudança climática

Manoel Santos - Publicado: Segunda, 29 Março 2010 12:54

 

Manoel Santos

Xa escribín algunha vez sobre Grain, unha organización que apoia a labregos e movementos sociais nas súas loitas a prol de sistemas alimentarios baseados na biodiversidade e controlados comunitariamente. 


As súas publicacións abren os ollos a moitas alternativas de sustentabilidade e desmontan tamén moitas das "solucións" que dende os cumios político-financeiros inventan para, disque, resolver as eivas que provocamos no planeta. 

Días atrás Grain publicou un sinxelo e recomendábel caderno (www.grain.org) titulado O clima revolto, ganancia de corporacións, no que denuncia como o Protocolo de Quioto mudou nun espazo de negocios ao que empresarios e gobernos afíns achegan non poucas propostas disfrazadas de solucións fronte a crise climática.

Entre estes imaxinativos amaños están as plantacións masivas de árbores, que agora chaman "sumidoi- ros de carbono" e que non son máis que monocultivos -non bosques- inimigos da biodiversidade e do campesiñado. Tamén os agrocombustíbeis, que considerando todo o seu ciclo de produción, amais de ser ineficientes en termos enerxéticos e producir máis contaminación, desprazan a produción de alimentos e as comunidades das súas terras, incrementando o control corporativo da natureza. E outras moitas ilusións, como a enerxía nuclear, a manipulación xenética de especies vexetais (transxénicos) ou as tolerías da xeoenxeñería. Entre estas últimas están dende a fertilización do océano con ferro e urea para aumentar o plancto e absorber carbono, até a captura e almacenaxe de carbono a grandes profundidades en formacións xeolóxicas ou a instalación de espellos na atmosfera!

Analicemos un chisco outra destas solucións, a do "biochar", da que xa se comeza a falar en Galiza. O "biochar" non é máis que carbón vexetal producido pola queima de cantidades industriais de materia orgánica con pirólises, coa intención de soterralo no chan. Deste xeito, afirman os seus defensores, poderiamos deixar baixo terra millóns de toneladas de carbono cada ano e de paso obter solos máis fértiles e mellores colleitas.

Claro que obvian dicir que non se demostrou aínda que a incorporación de carbón aos chans sexa quen de secuestrar carbono por si mesma, ou que fertilice os chans. Nin tampouco que nos seus obxectivos estea -como está- o uso de máis de 500 millóns de hectáreas de terra para producir o carbón, nin que a demanda de "biochar" xeraría máis monocultivos, nin que para a súa produción hai que queimar combustíbeis fósiles?

E quen defende o "biochar"? Pois fundamentalmente un poderoso lobby chamado IBI (International Biochar Initiative) con importante presenza en todas as negociacións internacionais sobre o clima. Vaia, empresarios que teiman en incluír este carbón vexetal no comercio do carbono para "salvar o planeta".

Ao cabo, todas estas solucións están argalladas para erixir novos e lucrativos negocios, sen ceder un chisco na reprodución dun sistema capitalista que ten demostrado sobradamente a súa insustentabilidade. Mudemos o sistema, non o clima.

Fonte: Altermundo


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.