1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)
Manoel Santos

Clica na imagem para ver o perfil e outros textos do autor ou autora

Às vezes ouço passar o vento

A prol da memória histórica (recente)

Manoel Santos - Publicado: Segunda, 22 Março 2010 11:31

 

Manoel Santos

Para emprender un proceso de memoria histórica (recente) ao redor de Iraq, os tribunais de xustiza deberan ver nas súas salas aos Donald Rumsfeld, Dick Cheney, Condoleeza Rice… mais sobre todo a aquelas catro mentes noxentas que o 16 de marzo de 2003 rebautizaron as illas dos Azores como illas da impunidade. 


Os chamados procesos de memoria histórica, eses que diferentes pobos, grupos sociais, Estados e grupos de Estados emprenden con diferentes ópticas e métodos para reconstruír pasados a miúdo tenebrosos, son tan imprescindíbeis para a especie humana en termos de dignidade, como moitas veces estériles en xustiza, fundamentalmente polo tempo que xa pasou. Fanse case que sempre para lembrar, para alixeirar o insoportábel peso da historia, mais poucas veces para xulgar. 

Porén, a xustiza, como escribira o filósofo estadounidense John Rawls, é a primeira virtude das institucións sociais, así como a verdade é a primeira virtude das institucións do pensamento. E a xustiza e a verdade non deberan entender de tempos, do mesmo xeito que a historia non só fai referencia aos acontecementos perdidos nos libros e nas mentes, senón tamén ao que pasou onte, hai un ano, ou hai sete anos. Cómpre recuperarmos tamén a memoria histórica recente, que asemade facilita moito o exercicio de xustiza que estes procesos deben ter.

Onte mesmo, 20 de marzo, a cabalística cifra de sete, en forma de anos, mais tamén de pecados capitais, caeu sobre as cada día máis febles lembranzas dunha terríbel invasión guerreira, a das históricas terras dos sumerios, babilónicos, acadios e asirios. Sete anos pasaron dende o inicio da meirande barbaridade humana da historia contemporánea. Sete anos de mentiras, de morte e de destrución ao redor de Iraq. Sete anos de impunidade.

A xornalista Olga Rodríguez resumía hai uns días en Diagonal a situación actual de Iraq: "Perdeu practicamente todo o seu tecido social. A ocupación e a guerra deixaron un millón de mortos e catro millóns de orfos segundo cifras gobernamentais e de organizacións internacionais independentes. Cinco millóns de iraquís fuxiron dos seus fogares. Centos de profesionais liberais foron asasinados e outros milleiros liscaron. Apenas quedan intelectuais en Iraq. Decenas de milleiros de persoas pasaron por cadeas secretas. Hogano hai cando menos uns 20.000 presos sen posibilidade real de coñecer os seus cargos ou de ser xulgados". Vaia, que un país con evidentes problemas de represión dende o poder, mais con todo exemplarmente laico, con bos servizos sociais e admirado pola súa produción científica e cultural no mundo árabe; foi convertido, en palabras de James Petras, "nun réxime clientelista retrógrado baseado en estruturas socio-políticas étnico-relixiosas medievais".

Para emprender un proceso de memoria histórica (recente) ao redor de Iraq, os tribunais de xustiza deberan ver nas súas salas aos Donald Rumsfeld, Dick Cheney, Condoleeza Rice… mais sobre todo a aquelas catro mentes noxentas que o 16 de marzo de 2003 rebautizaron as illas dos Azores como illas da impunidade. Lembremos que, para desgraza da humanidade, Bush, Aznar e Blair marcharon con máis gloria que pena, sen ser derrotados polo que malchamamos democracia. E o cuarto, Durão Barroso, foi por riba premiado coa presidencia dunha Comisión Europea que practica a democracia de xeito moi particular.

Fonte: Altermundo


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.