1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

A fusom entre a Guiné Bissau e a Galiza

270610_narfGaliza - ANT - O músico galego Narf e o compositor e cantante guineano Manecas Costa fusiónanse no proxecto musical Aló Irmao, do que vén de publicarse o primeiro traballo discográfico.


Despois de curtirse sobre os escenarios, o repertorio ideado polo compostelán Narf e polo músico de Guinea Bissau Manecas Costas dentro do proxecto Aló irmao xa pode escoitarse en formato cd. De título homónimo, o traballo convértese no primeiro froito discográfico do encontro creativo xurdido na primavera de 2008 entre un dos músicos máis inquietos da escena galega e unha das voces africanas máis destacadas dos últimos anos.

Con este traballo, de sonoridade a medio camiño entre África e Europa, Narf recunca novamente nas posibilidades da lusofonía como "espazo natural para creación galega" e continúa a aventura africana que iniciou en Mozambique a mediados da década de 1990. "É difícil explicar que me atrae de África", comenta o compostelán. "Sinto unha estraña familiaridade con ela", engade, "quizais ese desfase temporal no progreso que sofre favorece a conservación duns valores humanos que noutras latitudes resulta máis complicado topar". A forza e a enerxía que mana dos tambores e da tradición musical africanos son os outros ingredientes que alimentan e cativan o músico galego.

Narf, ou o que é o mesmo, Fran Pérez, formou parte de bandas que diversificaron o panorama musical dos 80, como Nicho Varullo ou Os Kinindiolas. Na procura de espazos propios colaborou coa compañía de teatro Chévere, para a que compuxo varias bandas sonoras, participou na apertura da sala Nasa e asinou a opereta Annus Horribilis, considerada o mellor espectáculo musical do ano pola crítica de Barcelona. En 2004 creou o concepto Narf, do que saíron os discos Directo en Compostela e Totem, un proxecto sinxelo, de guitarra e voz, co que foi estreitando vínculos con Portugal e África. Malia todo, o encontro con Manecas Costa nun camerino de Pontevedra non foi premeditado pero nel saltou a chispa.

A partir dese momento tomou corpo un repertorio a catro mans, cancións de ida e volta entre Galiza e Lisboa, nas que ambos músicos procuraron rachar fronteiras abordando temáticas universais como o amor, as lembranzas da infancia ou a emigración. Como un "turista marxinal, occidental accidental/ movendo capital de capital en capital", Narf reivindica "a irmandade"e a unión máis alá da distancia física, perseguindo "derrubar as barreiras para poder, simplemente, encontrarse".

Os temas de Aló irmao están escritos en galego, portugués, crioulo, machopi e inglés. A metade deles asínaos o compositor e cantante de Guinea Bissau. A música de Manecas Costa está ligada ás tradicións da súa terra pero non perde a contemporaneidade da música actual. Posúe unha voz moi persoal e denuncia nas súas composicións a situación do seu pobo acompañado da guitarra e do tambor de auga (unha percusión guineana composta por unha cabaza flotando nun balde).

Para o músico galego Aló irmao é o "encontro natural e instintivo" entre dous músicos que "medrou de xeito orgánico". Pero, canto ten o proxecto de Manecas e canto de Narf? canto de África e canto de Galiza? Ao ver do galego aí radica outra das virtudes do espectáculo: "nin eu me africanicei nin el se europeizou", "cada un mantén a súa identidade musical para tratar eses temas comúns que nos unen".

Gravado en Compostela

O tándem musical Manecas-Narf debutou en xuño do 2008 no Salón Teatro. As canción sinxelas e emotivas enchoupadas de dúas tradicións musicais arredadas xeograficamente comezaron a madurar sobre os escenarios a partir dese momento. A xénese estraña do proxecto provocou que a gravación se postergar até 2009. O Teatro Principal de Compostela acolleu entre o 16 e 17 de xuño os concertos que dan forma ao disco. Nos once temas que integran o traballo, mestúranse as guitarras e as voces de Manecas e Narf coas percusións do mozambicano Celso Mahuie.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.