Foto de P. Lameiro (CC by-sa/3.0/) - Manuel Maria na Praça Maior de Lugo.
A participación é libre e as obras poden entregarse no propio local (aberto media hora antes e despóis de cada actividade programada) até o 6 de maio.
Bases do concurso
BASES I CERTAME DE ILUSTRACIÓN MANUEL MARÍA DA GALLEIRA
Participación
Poderá participar calquera persoa a partir dos 16 anos de idade con ilustracións orixinais realizadas desde calquera soporte sempre que as devanditas sexan inéditas e non premiadas noutros certames. Estas imaxes deberán estar inspiradas nalgún poema de Manuel María, o autor homenaxeado nas Letras Galegas do ano 2016.
Prazo
Participarán todas as fotografías/ilustracións recibidas até o 6 de maio de 2016 (inclusive). O prazo de exposición e votación levarase a cabo ao longo do mes de maio.
Presentación de ilustracións
As ilustracións presentaranse presencialmente no Local da Asociación Cultural A Galleira, sito na Praza de San Cosme nº 1 (zona histórica de Ourense). Consultar horario de apertura nas redes sociais ou páxina web da asociación (A Galleira Ourense), xeralmente coincidindo cos obradoiros e actividades levadas a cabo no local. As ilustracións presentaranse xunto co poema ao que fan alusión impreso. A estes engadiráselle un sobre pechado que conteña os seguintes datos: Nome e apelidos da autora Lugar de residencia Documento de Identidade Teléfono de contacto Correo electrónico de contacto Cada participante poderá presentar un máximo de 2 ilustracións.
Xurado e votacións
As imaxes e os correspondentes poemes presentados serán expostos na Asociación Cultural A Galleira (sita na praza de San Cosme, nº1 en Ourense) ao longo dos meses de abril e maio. As asistentes á exposición poderán votar un máximo de tres ilustracións das presentadas, e deses votos se sacará a gañadora do certame. En caso de empate entre dúas ilustracións a decisión final corresponderá ás organizadoras do certame, actuando como xurado unicamente en caso de empate. A entrega de premios realizarase após o período de exposición e votacions coincidindo coa semana das Letras Galegas e o veredicto será comunicado á gañadora persoalmente así como publicado nas redes sociais da Asociación Cultural A Galleira.
Premios
O premio para a gañadora do certame consistirá nunha cesta de produtos locais que será entregada nun evento de entrega de premios a celebrar no local da asociación.
Dereitos e aceptación das bases
A participación no concurso conleva a cesión a favor da organización por parte das concursantes dos dereitos de reproducción e exposición sobre as obras fotográficas, sempre que se empreguen para a promoción do valor cultural e histórico da obra de Manuel María e a literatura galega e sen ánimo de lucro. A participación neste certame supón a aceptación de todas e cada unha das bases do concurso e da decisión do xurado.
Ourense, a 1 de abril de 2016