1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

Eucalipto rexistro 1Galiza - Adega - A finais de 2014 a Consellería do Medio Rural acordou elaborar unhas propostas para a revisión do Plano Forestal de Galiza, vixente dende 1992. Para tal fin criouse no Consello Forestal un grupo de traballo que se reuníu durante 2015. Finalmente elaboráronse unhas directrices, resultado dun inquérito deseñado por dous coordenadores propostos pola Consellaría.


FOTOS: Representantes de ADEGA, FRUGA e CIG entregando xunto coas valoracións do novo Plano Forestal, exemplares de Eucaliptus nitens ás conselleiras de Medio Rural e Medio Ambiente para o Día da Árbore (21 de marzo)

Esta metodoloxía de traballo, restinxida aos membros do Consello Forestal e con excesiva presenza do sector da madeira (20 dos 25 membros), tentou ser superada mediante o compromiso inicial de incorporar ao documento os resultados das consultas aos colectivos externos. Perante o incumprimento deste acordo, organizacións como a ORGACCM presentes no Consello Forestal, permearon ao resto das entidades que vivimos, xestionamos e traballamos no medio rural os documentos de traballo, trasladando no seu nome as conclusións.

Xa que logo, as directrices inicialmente aprobadas non son nen representativas do sector, nen democráticas, nen produto dun consenso entre todos os sectores relacionados co monte e co medio rural. Na opinión das organizacións asinantes, as directrices para a revisión do Plano Forestal de Galiza resultado deste proceso teñen tres obxectivos claros:

  1. Eliminar o carácter xermánico das titularidades veciñais e privatizar a súa xestión: Por exemplo, mediante a entrega ás empresas forestais, através dos mal chamados contratos de xestión pública, das terras comunitarias de balde, aplicando as falsas e inxustas débedas dos consorcios e convenios. Ou seguir considerando ás comunidades de montes como suxeitos pasivos no Imposto de Sociedades, como se foran meras empresas mercantís.
  2. Apostar pola produción de madeira con pouco valor engadido, a biomasa forestal e os cultivos enerxéticos: Por exemplo, mediante o mantemento das subvencións públicas ao eucalipto, consolidando o Eucaliptus globulus e permitindo que o Eucaliptus nitens (especie introducida polos intereses económicos de ENCE), só poidan substituirse polo E. globulus. Ou a forestación de terras agrícolas e a falla de iniciativas para recuperar a superficie agrícola usurpada, alén de abrir a porta ao uso masivo da biomasa forestal e os cultivos enerxéticos para producir electricidade (o outro negocio de ENCE).
  3. Priorizar a produción forestalista favorecendo a degradación ambiental: Por exemplo mediante a intensivización da produción con monocultivos de especies alóctonas, o aproveitamento dos bosques de ribeira ou o uso masivo de agrotóxicos, esquecendo a o obxectivo de conservar os solos e mitigar os impactos do cambio climático.

En resumo, a política de montes do Partido Popular foi e pretende seguir sendo totalmente forestalista. Baseada na plantación indiscriminada, non contempla os outros usos do monte e certifica a perda da paisaxe en mosaico tradicional galega. O novo Plano Forestal seguirá a provocar a perda de solos e a persistencia dos incendios forestais, que seguirán a degradar os ecosistemas e a fosilizar enormes cantidades de cartos públicos.  

O documento hipoteca o futuro dos montes galegos e coarta a consecución dun medio rural multifuncional e sustentábel. Ataca aos montes veciñais e agrede aos ecosistemas e á poboación que vive neles. Xa que logo, as entidades asinantes, organizacións que viven, xestionan ou traballan no medio rural, rexeitan estas directrices e esixen á Xunta a súa devolución.  

Asinan: ADEGA, AMIGOS DA TERRA, APDR, APROPIGA, CIG, COMITÉ EN DEFENSA DO MONTE GALEGO, FEG, FRUGA, ORGACCMM, OVICA, SLG, SOS COELLO DE MONTE, UNITEGA  


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.