1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

250316 palaGaliza - Revista Abordagem - O próximo 30 de marzo terá lugar unha concentración no obelisco ás 20:00h motivo do xuizo contra o C.S.O. Palavea. Reproducimos o comunicado:


O próximo 30 de marzo vaise celebrar o xuízo contra o Centro Social Okupado de Palavea. Se fai dous anos desaloxaronnos nun xuízo civil cheo de irregularidades e sen posibilidade de defensa ao non abonar os 70 000€ solicitados da caución (unha especie de garantía inventada para o desaloxo express dos okupas) agora vaise a celebrar o xuízo penal, no que imputan a varias persoas un delito de usurpación máis o pagamento dunha responsabilidade civil de 30 000€, por unha suposta perda de beneficios do novo dono. Os datos demostran que o investimento non lle saíu tan pouco rentable como di, adquiriu o inmoble por un millón e medio de euros cando o anterior comprador (Valery Karpin) pagara 7 millóns.

Este centro social serviu durante casi 3 anos de dinamización o esquecido barrio de Palavea, un dos máis desatendidos da cidade, realizando todo tipo de actividades: reunión de xogos para crianzas, palestras, concertos, skate-park, talleres e obradoiros (ioga, teatro, boxeo, guitarra, etc.), xantadores veganos, asembleas, biblioteca... e festivais que tiveron unha gran afluencia como o Tattoo Circus, o Maroma Fest ou o Hack Meeting. Traballo que se puido desenrolar polo esforzo completamente gratuito de tódolos membros do espazo, demostrando que é posible a autoxestión e organizarse o marxe da lóxica de mercado.

Após o desaloxo, o novo propietario asegurou que a súa intención era edificar un xeriátrico privado no que se coidarían aos nosos anciáns... a condición de que teñamos o diñeiro necesario para financiar tan caro e lucrativo negocio. O certo é que ata datas recentes non comezaron obra algunha, demostrando que o fin da compra foi esencialmente especulativo.

No movemento okupa xa estamos afeitos á represión por autoorganizarnos ó marxe das institucións, esta vez non vai ser menos, pídennos unha pena desproporcionada para que serva de escarmento ós futuros proxectos afíns da cidade. A pesares diso, nós seguiremos a pé de rúa contra vento e marea, a súa represión non nos calará.

¡NON Á REPRESIÓN DOS MOVEMENTOS SOCIAIS!
¡UN DESALOXO, OUTRA OKUPACIÓN!


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.