Cabe salientar que era un acto, sinxelo de apoio ao Dépor, onde había familias enteiras, mulleres, nenos, vellas e vellos…
Unha vez máis La Voz de Galicia cargou as tintas contra o colectivo Riazor Blues, criminalizándoos e culpabilizándoos, "cando a única culpable, foi a policia cargando nun acto totalmente festivo e lúdico".
Adxunto reproducimos o comunicado conxunto dos Riazor Blues e Federación de peñas, asi como as fotos dalgún ferido que terá que ser operado das lesións.