1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

b 450 0 16777215 00 archivos Administradores manu 2015 10 Solidariedade con NicanorGaliza - FGI - En solidariedade con Nicanor Alonso, "inxustamente xulgado" novamente  na Coruña este martes día 8 de  marzo por defender os dereitos de persoas e colectivos aos que se lles pretende desposuír dos mesmos


Foro Galego de Inmigración conformado por asociacións de migrantes, entidades  e colectivos sociais, sindicatos e grupos políticos, e persoas a nivel individual, que ten como obxectivo fundamental a defensa dos dereitos das persoas migrantes en Galicia, quere amosar neste Comunicado a súa solidariedade co seu compañeiro Nicanor Alonso, defensor destacado dos dereitos das persoas migrantes na cidade de A Coruña e no conxunto de Galicia, que vai ser xulgado este martes día 8 de marzo por defender  os dereitos de persoas e colectivos aos que se lles pretende desposuír dos mesmos.

Ao tempo denunciar a fonda inxustiza que se comete neste Acto e noutros similares que pretenden criminalizar a resposta social revindicativa de dereitos básicos,  e convocar ao conxunto da  cidadanía  a unha rebelión masiva, contundente  e pacífica fronte a este tipo de feitos.

"Consideramos intolerábel que se xulge ao noso compañeiro, destacado e coñecido activista social, que neste caso como en tantos outros, empregou a palabra, a través do seu  megáfono, para defender dereitos básicos de persoas e colectivos aos que se pretende desposuír dos mesmos. Ese tipo de  feitos, cerne de calquera sistema democrático, nembargantes acaban provocando responsabilidades administrativas – con importantes multas coas que pretenden amedrentarnos-, entre outros, para o noso exemplar compañeiro".

O Foro Galego de Inmigración promove  e  súmase a convocatoria  de diferentes organizacións e colectivos sociais diante do edificio PROA (Matogrande) o Martes 8 de marzo  ás 10:30 h, en apoio do compañeiro Nicanor Alonso. Queren convocar ao conxunto da cidadanía  para que participe neste Acto de Apoio  a este cidadán exemplar, republicano de honra, que non fixo, coma sempre,  outra cousa que defender coa palabra os dereitos de todos e todas nós.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.