1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

370px Manuel María na Praza Maior de LugoGaliza - A Galleira - Este ano no marco de actividades polas Letras Galegas A Galleira de Ourense convoca un certame de ilustración inspirado na obra do homenaxeado, Manuel María.


Foto de P. Lameiro (CC by-sa/3.0/) - Manuel Maria na Praça Maior de Lugo.

A participación é libre e as obras poden entregarse no propio local (aberto media hora antes e despóis de cada actividade programada) até o 6 de maio.

Bases do concurso

BASES I CERTAME DE ILUSTRACIÓN MANUEL MARÍA DA GALLEIRA

Participación

Poderá participar calquera persoa a partir dos 16 anos de idade con ilustracións orixinais realizadas desde calquera soporte sempre que as devanditas sexan inéditas e non premiadas noutros certames. Estas imaxes deberán estar inspiradas nalgún poema de Manuel María, o autor homenaxeado nas Letras Galegas do ano 2016.

Prazo

Participarán todas as fotografías/ilustracións recibidas até o 6 de maio de 2016 (inclusive). O prazo de exposición e votación levarase a cabo ao longo do mes de maio.

Presentación de ilustracións

As ilustracións presentaranse presencialmente no Local da Asociación Cultural A Galleira, sito na Praza de San Cosme nº 1 (zona histórica de Ourense). Consultar horario de apertura nas redes sociais ou páxina web da asociación (A Galleira Ourense), xeralmente coincidindo cos obradoiros e actividades levadas a cabo no local. As ilustracións presentaranse xunto co poema ao que fan alusión impreso. A estes engadiráselle un sobre pechado que conteña os seguintes datos: Nome e apelidos da autora Lugar de residencia Documento de Identidade Teléfono de contacto Correo electrónico de contacto Cada participante poderá presentar un máximo de 2 ilustracións.

Xurado e votacións

As imaxes e os correspondentes poemes presentados serán expostos na Asociación Cultural A Galleira (sita na praza de San Cosme, nº1 en Ourense) ao longo dos meses de abril e maio. As asistentes á exposición poderán votar un máximo de tres ilustracións das presentadas, e deses votos se sacará a gañadora do certame. En caso de empate entre dúas ilustracións a decisión final corresponderá ás organizadoras do certame, actuando como xurado unicamente en caso de empate. A entrega de premios realizarase após o período de exposición e votacions coincidindo coa semana das Letras Galegas e o veredicto será comunicado á gañadora persoalmente así como publicado nas redes sociais da Asociación Cultural A Galleira.
Premios

O premio para a gañadora do certame consistirá nunha cesta de produtos locais que será entregada nun evento de entrega de premios a celebrar no local da asociación.

Dereitos e aceptación das bases

A participación no concurso conleva a cesión a favor da organización por parte das concursantes dos dereitos de reproducción e exposición sobre as obras fotográficas, sempre que se empreguen para a promoción do valor cultural e histórico da obra de Manuel María e a literatura galega e sen ánimo de lucro. A participación neste certame supón a aceptación de todas e cada unha das bases do concurso e da decisión do xurado.

Ourense, a 1 de abril de 2016


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.