1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

miranda.jpgANT - O voceiro do PPdeG admite que 'circunstancialmente algún día por algún motivo' viaxou no coche oficial de Baltar, pero non aclara se eses días recibiu o bono por quilometraxe. 


O número 3 do PPdeG seguen sen dar unha resposta detallada sobre o seu presunto cobro ilícito do complemento de quilometraxe do Parlamento. “De certas anécdotas non se pode facer algo xeral”, escusouse Antonio Rodríguez Miranda esta mañá nunha rolda de prensa en Santiago. Unha comparecencia na que tentou, sen éxito, esquivar as preguntas sobre esta polémica.

“Circunstancialmente algún día por algún motivo”

Cuestionado se el consideraba unha anécdota o cobro irregular de 26.000 euros en dietas, como o acusou o PSdeG, Miranda argumentou que “circunstancialmente eu podo montar no coche oficial algún día por algún motivo, iso non ten maior relevancia”.

Os socialistas aseguran que Miranda pasou dietas á Cámara por desprazamento, malia viaxar no coche oficial do vicepresidente do Parlamento, Xosé Luís Baltar.

Os conservadores responderon inicialmente acusando a Mar Barcón, deputada do PSdeG, da mesma irregularidade que Miranda. A socialista publicou unha certificación que proba que non cobrou dietas dende que viaxa no coche oficial do Concello da Coruña.

A prensa cuestionou a Miranda se vai seguir o exemplo de Barcón, pero o número 3 do PPdeG respondeu que o tema carecía de importancia.

Ademais o portavoz insistiu en que non cobrou dieta algunha. En realidade trátase dun complemento por quilometraxe, que se suman á nómina de cada deputada cada vez que acuden a un acto oficial na Cámara.

Barcón renunciou ao plus ao subirse a un coche oficial, e Miranda?

Como explicou Miranda hoxe, este abono é automático. É dicir, os deputados non teñen que asinar cada día, senón unicamente agardar a que os funcionarios da Cámara certifiquen a súa presencia.

Agora ben, o exemplo de Mar Barcón proba que os deputados poden renunciar ao bono se non viaxan pola súa conta. Porén, semella que Miranda seguiu cobrando o complemento malia, como el recoñece entre liñas, viaxar ás veces no coche oficial de Baltar.

Os socialistas din que foi o baltarismo quen filtrou

Malia que a denuncia contra Miranda partiu do PSOE, fontes socialistas apuntan a A Nosa Terra que foi a contorna de Baltar quen lles filtrou os datos.


Miranda abandonou a lista de Baltar, líder do sector da boina, no congreso de Ourense para sumarse á do alcalde de Verín, apoiada polo aparato de Nuñez Feixóo.

A boina comeza a usar a “rebarbadora”

A vitoria final da boina desatou os rumores do inminente uso da “rebarbadora” contra os opositores ourensáns ao baltarismo, como Miranda ou o tamén deputado Poly Nóvoa.

Ademais da filtración contra Miranda, Manuel Baltar xa confirmou que Nóvoa deberá superar unhas primarias se quere recuncar como candidato á alcaldía de Ourense. Un síntoma máis do maior conflito interno do PPdeG nos últimos anos.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.