Un dos motivos polos cales xurdiu o Centro Social A Comuna foi para estreitar lazos e crear un proxecto de transformación comunitaria. Por esta razón, queren convidar a todas as que o desexen a que se acheguen á segunda edición de Artesanía na Comuna. O centro social vai acoller a diversas persoas que traballan coas súas mans para que poidan amosar o seu traballo. Durante este día varios artesás e artesáns exporán as súas creacións e, como a xornada vai ser longa, imos substituír o Xantar Popular de todos os meses por petiscos variados (tamén para veganos), música e moita animación.
Dende o Centro Social A Comuna queren reivindicar os antigos mercados e postos nas rúas e prazas de Montealto, e fomentar o consumo responsable e de proximidade. Responsable porque non queren encher os petos dos mesmos de sempre, aqueles que se aproveitan do traballo escravo ou da explotación; e de proximidade porque queren beneficiar a xente da contorna que ten creatividade e que ten a artesanía como a súa forma de vida.
Título |
Mostra de artesanía e petiscos |
Día |
Domingo 24 de Abril de 2016 |
Hora |
De 12.00 a 20.00 horas |
Lugar |
Centro Social A Comuna (Verea do Polvorín, 35) |