Diante da imposibilidade de estar presentes fisicamente no acto de aniversario, a Executiva Nacional enviou un comunicado de saúda reiterando os lazos de amizade e solidariedade coa Confederazione Sindicale Sarda.
Tamén a CUT, transmitiu ó Sindicato Andaluz de Trabajadores, SAT, un comunicado de solidariedade cos catro traballadores do campo, que o pasado día 11 de febreiro foron xulgados en Sevilla e ós cales se lle solicitaba varios anos de cadea. Como outros casos, o único delicto cometido polos compañeiros, foi defender de maneira coherente os dereitos da clase traballadora andaluza.