1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

DSC 0008Galiza - Erguer - Erguer - Estudantes da Galiza é a ferramenta unitaria do estudantado galego, formada neste 2016 a través dun proceso de asembleas abertas nas que se participou da creación dun proxecto entre estudantado de toda Galiza, materializado na Asemblea Nacional Constituínte do pasado 5 de marzo en Compostela, baixo o lema “Libera e transforma Galiza desde as aulas”. Así naceu Erguer para a defensa dos dereitos do estudantado reclamando un ensino galego, público, democrático, laico, de calidade e non patriarcal.


Nos últimos anos puidemos ver como o ensino avanzou na dirección oposta: cara a unha total mercantilización que respostaba aos intereses do capital. Desde o goberno do Partido Popular, vimos sufrindo ataques ao ensino desde hai anos, que levan ao estudantado a verse na obriga de saír á rúa unha vez máis.

Estes ataques comezan xa no ensino medio a través da LOMCE, unha lei españolizadora, confesional, antipedagóxica, privatizadora, clasista e patriarcal que afonda na falla de igualdade de oportunidades no ensino.
Ainda que vimos de coñecer a nova de que se paraliza a nós non nos chega, pois queremos a súa completa eliminación xa que entre outras cousas a LOMCE impón as reválidas, outro xeito máis de segregar ao estudantado ao impoñer barreiras ao final de cada etapa educativa que limitan a obtención do título a unha única e azarosa proba, orientando así os esforzos de profesorado e do estudantado a preparala, no canto de pular por métodos máis pedagóxicos e confiar no labor do profesorado. Aliás, servirán para estabelecer unha clasificación dos centros en base á cal se repartirán os orzamentos, non garantindo unha dotación de servizos digna e igualitaria.

Ademais, a LOMCE afonda na recentralización de competencias educativas e na uniformización do ensino, impedindo o coñecemento da realidade histórica, social, lingüística e cultural da Galiza. Por iso pedimos a súa derrogación.

Mais os ataques non se deteñen no ensino medio e continúan na universidade co Decreto do 3+2, aprobado polo Partido Popular no pasado ano. Este Decreto, enmarcado na chamada Estratexia Universitaria 2020, procura unha vez máis a mercantilización do ensino público, co obxectivo de converter as universidades nun criadeiro para as empresas capitalistas.

Coa implantación desta medida, son menosprezados todos aqueles graos que non cumpren coas expectativas de produtividade dun sistema que só busca a creación de man de obra barata, no canto de individuos con capacidade crítica. No senso da procura de produtividade, son as humanidades as disciplinas que son directamente atacadas, direccionando a educación cara aos intereses das grandes corporacións e gobernos corruptos.

Mais se non fose dabondo co desmantelamento da calidade e a diversidade educativa, a subida de taxas asociada á implantación do 3+2 supón un acrecentamento sangrante respecto a tempos anteriores. Con este decreto suprímese un ano de grao, ficando este conformado por 3 anos, o cal supón a esixencia de realizar un mestrado ou posgrao de especialización de dous anos de duración, coa consecuente subida nos custos que isto supón para a clase traballadora.

Os recortes abocan o ensino público galego a unha extrema precarización e a un retroceso na calidade da mesma, remontándonos a medidas franquistas como as reválidas que instaura a LOMCE. Sinal destes ataques son os recortes de profesorado, que levan á devalorización da calidade docente ou á redución dos orzamentos para a obtención de material. Mais as estudantes da Galiza non fican paradas e como puidemos ver nas últimas semanas xorden respostas por todo o país.

Desde Erguer consideran que a resposta a todos estes atentados contra o ensino público que se están a producir na Galiza debe de ser unha xornada de folga e mobilizacións, para así enfrontar tamén ás imposicións da Unión Europea e do estado español no ensino. Ante o panorama político existente no estado, no que os pactos que se están a artellar entre as forzas políticas españolas non contemplan a derrogación da LOMCE, Erguer chama o estudantado galego a baleirar as aulas e encher as rúas das diferentes cidades galegas o vindeiro mércores 13 de abril. Na conferencia que o colectivo deu en Pontevedra a 7 de abril, e a través da cal se difundiron estas informacións, convocaron no caso daquela cidade unha manifestación que sairá ás 12.00h da Praza da Peregrina.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.