1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

160416 aguaGaliza - ODS-Coia - O pasado 30 de marzo solicitamos unha entrevista con David Regades, concelleiro de Fomento, Limpeza e Contratación.


Esta concellería é a responsable do servizo municipal de augas en Vigo que xestiona Aqualia, empresa do grupo FCC. Un ano antes, en marzo de 2015, pediramos, tamén por escrito, datos do número de cortes de auga na cidade nos últimos anos. A resposta, hai un ano e hai quince días foi a mesma: o silencio da concellería.

Porén a empresa, si que contactou con nós. Dende Aqualia explican que intentan non cortar a auga a fogares empobrecidos, pero recoñecen que si o fan posto que non teñen ningunha obriga, nin protocolo co concello para evitar o corte no caso de familias que non poidan afrontar o pagamento por insuficiencia de recursos.

Chegadas a este punto, e ante a vulneración dun dereito tan básico, un grupo de veciñas decidimos ir até o concello na procura de solucións. Esta mañá preto dunha vintena de veciñas presentámonos na concellería de Fomento para falar con David Regades. O concelleiro non estaba para atender as nosas demandas e nos atendeu a súa secretaria.

Nun breve encontro explicámoslle que non aguantamos máis, que estamos nunha situación de extrema necesidade e fronte a iso esiximos respostas inmediatas. As nosas reivindicacións son ben sinxelas:

- fin dos cortes de auga para fogares sen recursos ou con baixos ingresos

- remunicipalización do servizo.

Para Aqualia e para o concello (Fomento e Benestar Social) o dereito a auga só existe para quen poida pagar as facturas. A empresa concesionaria fai negocio coas nosas necesidades a cambio de mercar dinosetos e dunhas cantas humanizacións. Mentres, para moitas de nós as billas fican sen auga ante a insuficiencia de recursos.

Seica pensan que imos ollar caladas e submisas, pero lonxe diso andamos a argallar saídas colectivas nas que seremos perseverantes.

Nin negocio coas nosas necesidades!

Abonda xa de cortes! Auga para todas!

Vigo, 15 abril 2016


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.