1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (5 Votos)

obreros festival coloresGaliza - AA/DL - [André Abeledo] Esta e unha reflexión dedicada aos "progres" do novo nepotismo ilustrado que din defender a causa da clase obreira, pero que logo defenden que unha traballadora ou traballador non "titulado" non están o suficientemente preparados para representar a súa clase nas institucións burguesas, ou para poñerse o fronte das responsabilidades no seu partido, só podo dicirlles que eles son parte do problema, e nunca poderán ser parte da solución.


 Aqueles que nos miran dende arriba non poden ser nunca os que nos defendan, os que din ser capaces de defender os nosos intereses sen contar con nós practican un novo tipo de absolutismo, do vello "todo para o pobo pero sin o pobo".

Non digo que non sexan necesarios, e moitas veces imprescindibles os camaradas que tendo estudos superiores comparten trincheira o carón das traballadoras e traballadores, entre iguais, aportando a súa capacidade e os seus coñecementos na loita da clase traballadora, a eses os necesitamos sempre para traballar xuntas e xuntos, e para liderar cando as camaradas e os camaradas decidan delegar neles esa responsabilidade.

Pero a eses outros que pretenden chamarse comunistas e practican a "caridade" coa clase obreira, teño que dicirlles que son tan inimigos como os explotadores que nos entenden como seres inferiores incapaces de pensar por nós mesmos.

*André Abeledo Fernández, vereador de Esquerda Unida en Narón, militante do PCG, e sindicalista organizado na CIG.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.