1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

Mapa A 76Galiza - Adega - A resolución aprobada nas Cortes por estes tres partidos insta ao governo a acelerar a construción da A-76, unha obra innecesaria e carísima que deixa tocados os valores naturais e culturais da Ribeira Sacra.


Formacións xeolóxicas (karsts calcarios) moi escasas en Galiza, hábitats prioritarios, a metade das especies de plantas presentes no país, incluidos dous endemismos exclusivos galegos e outros 9 ibéricos, máis de 140 especies protexidas e un enorme patrimonio cultural e inmaterial (Ribeira Sacra), van ser sacrificados pola construción da autovía A-76 entre Ourense e Ponferrada.

Unha infraestrutura innecesaria e impactante

Como xa demostrou ADEGA nos trámites de información pública do proxecto, a obra carece de xalquera base técnica, particularmente no referido á densidade do tráfico que xustifique a súa construción.
Os propios datos oficiais (mapas de tráfico do Ministerio de Fomento) amosan que ningún dos treitos do trazado entre Ourense e Ponferrada acada o tráfico mínimo necesario para proxectar un desdobramento de calzada. A cantidade de tráfico recomendada pola UE para realizar un desdobramento de estrada de 2 a 4 carrís é de 10.000 a 15.000 vehículos diarios (IMD), sendo a media total para o percorrido Ponferrada-Ourense de 4580, e con tendencia á baixa...

Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade? Así non!

A declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO concita o apoio case unánime de institucións, entidades sociais, colectivos ecoloxistas, cidadanía... Mais para acadar esta distinción, cómpre ter claro que os proxectos que poidan danar o Patrimonio Cultural, a Paisaxe e máis ao Patrimonio Natural son incompatíbeis coa concesión da declaración e poden ser causa da retirada desta caso de ser concedida.

Neste senso, a UNESCO é taxativa: "Os materiais físicos do ben e/ou as súas características significativas deben encontrarse en bo estado e o impacto dos procesos de deterioro debe estar controlado" (Directriz 89). Polo que atinxe aos valores naturais, para a UNESCO "os procesos biofísicos e as características da terra deberán estar relativamente intactos", e as actividades que no espazo se desenvolvan deben "estaren en harmonía co Valor Universal Excepcional da área e seren sustentábels dende o punto de vista ecolóxico" (Directriz 90).

Como se vai xustificar perante a UNESCO a innecesaria agresión aos valores naturais e culturais da Ribeira Sacra que supón esta obra?

Eleitoralismo e corrupción, únicas xustificacións plausíbeis para a A-76

Cal é pois a verdadeira razón que leva a PP, PSOE e Ciudadanos a apoiar unanimenente a desfeita ambiental e o desbaldimento de 1221 millóns de € na A-76?

Se temos en conta que as obras públicas, nas que a política de sobrecustes é norma, contribúen a trasvasar a unhas poucas construtoras inxentes cantidades de cartos públicos (e de paso ás "caixas B" dalgúns partidos), fica claro que en ausencia de razóns técnicas son os intereses eleitorais/económicos os que moven ao consenso a distintas forzas políticas.

Os valedores desta iniciativa, PP, PSOE e Ciudadanos deberían de expoñer á cidadanía, ademáis xustificar o gasto de 1221 millóns de € na construción e de máis de 3 millóns de €/ano no mantemento da A-76, que recurtes nos servizos públicos (educación, sanidade, pensións...) van acometer para financiar esta obra.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.