1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

020416 colunaGaliza - CIG - A empresa, que presta servizos de limpeza en diversos centros da Xunta, ten pendente de pagar dúas nóminas e o 50% do soldo de decembro
Traballadoras e traballadores de Linorsa protestaron este venres cunha caravana de vehículos polas rúas de Lugo en demanda do pago inmediato dos salarios que a empresa adebeda e para denunciar, unha vez máis, os reiterados atrasos no cobro das nóminas.


 Nestes momentos, Linorsa ten pendente de abonar ao seu persoal dúas mensualidades e a metade do salario de decembro.

A caravana partiu por volta das 11:30 horas da estación do tren para continuar pola rúa Nicomedes Pastor Díaz, a Ronda da Muralla, seguir pola rúa Montevideo até a Praza de santo Domingo, e dende alí enfilar a rúa do Teatro para rematar a protesta diante da Residencia das Gándaras (un dos centros da Xunta nos que Linorsa ten a concesión da limpeza).

No medio do camiño, a caravana de vehículos realizou dúas paradas diante do edificio multiusos da Xunta e do Sergas, para esixir a implicación da administración galega nun conflito que se vén prolongando dende hai ano e medio, así como reclamarlle que rescinda os servizos de limpeza que ten adxudicados á Linorsa para evitar que se siga acumulando débeda.

Neste senso, Carme Antas, Secretaria Comarcal da CIG-Servizos, apuntaba que nestes momentos as traballadoras e traballadores de Linorsa na provincia de Lugo teñen pendentes de cobrar o 50% da nómina de decembro e os salarios completos de febreiro e marzo.

Por iso a sindicalista volveu denunciar a pasividade da Xunta e urxiu o goberno galego a actuar dunha vez ante os reiterados incumprimentos da empresa cos seus traballadores/as.

Antas tamén matizou que, aínda que os servizos de limpeza dos xulgados foron adxudicados a Clece, este persoal continúa sen cobrar. “Parece que hai un acordo para que a nova empresa -que entrou hoxe no servizo- se faga cargo das débedas, pero haberá que agardar a ver se isto se cumpre”, indicou.

En todo caso, á vista da situación actual de impago, Antas xa adiantou que a próxima semana está convocada unha asemblea de traballadoras/as para valorar a posibilidade dunha convocatoria de folga.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.