Disponibilizamos a seguir o comunicado da Plataforma para esta mobilizaçom:
Na Coruña estamos a padecer un aumento da represión contra a protesta social:
Stop Desafiuzamentos ten 9 persoas encausadas por participar en mobilizacións contra despexos e máis de 7000 euros en multas. Lembramos que 12.000 familias galegas foron expulsadas dos seus fogares desde o inicio da crise.
3000 euros en multas para as persoas que portestaron contra o desaloxo do centrol social ocupado de Palavea.
Acoso policial nos actos do 15M de Monte Alto.
A nosa veciña, Pepita Seoane, imputada por defender os dereitos dos presos políticos.
A situación é a mesma no resto do país, o goberno antisocial do PP e o delegado do goberno Samuel Juárez, aplican esta receita a todo o que se move: preferentistas, mariñeiros, estudantes, sindicalistas, migrantes, as xentes de Sarria en defensa do río; todas sofren o acoso policial, identificacións, represión económica, listas negras, detencións e a ameaza última do cárcere, centros de reclusión para pobres mentres hai total impunidade para os culpábeis da crise.
Por esta situación de escalada represiva, a Plataforma contra a represión da Coruña fai un chamado a acudir á manifestación que, baixo o lema "Reprímennos a nos para asustarte a ti", sairá o próximo sábado día 12 ás oito da tarde da praza de María Pita. Porque hoxe somos nós, pero mañá pode tocarche a ti. Hai que dar unha resposta colectiva. Mobilízate contra a represión! É hora de actuar!
Vídeo de Galiza Contrainfo: