Aqueles que nos miran dende arriba non poden ser nunca os que nos defendan, os que din ser capaces de defender os nosos intereses sen contar con nós practican un novo tipo de absolutismo, do vello "todo para o pobo pero sin o pobo".
Non digo que non sexan necesarios, e moitas veces imprescindibles os camaradas que tendo estudos superiores comparten trincheira o carón das traballadoras e traballadores, entre iguais, aportando a súa capacidade e os seus coñecementos na loita da clase traballadora, a eses os necesitamos sempre para traballar xuntas e xuntos, e para liderar cando as camaradas e os camaradas decidan delegar neles esa responsabilidade.
Pero a eses outros que pretenden chamarse comunistas e practican a "caridade" coa clase obreira, teño que dicirlles que son tan inimigos como os explotadores que nos entenden como seres inferiores incapaces de pensar por nós mesmos.
*André Abeledo Fernández, vereador de Esquerda Unida en Narón, militante do PCG, e sindicalista organizado na CIG.